O RÍO BELELLE E OS SEUS HABITANTES
HUMIDAL DA XUNQUEIRA, ARES
Os veciños e visitantes da vila de Ares teñen un agradable paseo acondicionado neste humidal que incluso conta con dous observatorios para aves e algunha papeleira infrautilizada, xa que a xente que vai por alí a facer o botellón, como é habitual, descoñece o seu funcionamento.
Fotográficamente gústame o efecto das ramas das árbores sen follas no inverno, pero haberá que volver máis adiante cando broten as novas follas e regresen os parrulos.
ESCAPARATE
Outra vez me que me pasa... non teño claro que procesado me gusta máis para esta foto tomada nunha rúa de Mondoñedo.
Cor ou branco e negro?