O DEPÓSITO DE AS REGAS



Para mín, xunto coa guindastre, sempre foi un símbolo do estaleiro que alimentaba a nosa ría, ASTANO. Hoxe supoño que xa nin de auga abastecerá as súas instalacións. Será o símbolo da decadencia?.




OUTONO NAS RÚAS



Unhas follas de Pradairo Xaponés (acer palmatum) adornan a cidade nunha fría mañá de outono.

NURIA



Un día como hoxe nacía a máis guapa das miñas afilladas...
Felicidades Nurita!!!.


CANDO SE POÑA O SOL...



Unha tarde de outono fermosa
tí e máis eu e o noso paseo 
escoitando o son do silencio
desfrutando de nós e do noso
agardamos que chegue o momento.



PREPARADOS PARA O INVERNO



Unha morea de leña agarda a chegada do duro inverno á serra de Os Ancares baixo o tellado dunha palloza no lugar de O Piornedo, en Lugo.


CHEA DE VIDA



Estarei subindo a unha montaña,
estarei buscando a sombra dunha parra,
estarei, estarei, estarei chea de vida,
chea de vida, chea de vida....

Cantaba GUADI GALEGO mentras eu estaba editando esta fotografía.

....

    E sigue o Blogger modificando algunhas cores das fotografías, neste caso modifica a cor púrpura da flor volvendoa máis azul.  :-(


O RÍO SESÍN EN CAAVEIRO



O río Sesín ó seu paso polas inmediacións do mosteiro de Caaveiro no medio das Fragas do Eume, no concello de A Capela, A Coruña.


NA ESCALEIRA



Un tópico para os de fora de Galicia sobre nós os galegos é que cando nos atopan nunha escaleira non saben si subimos ou baixamos... Aquí témolo representado na entrada do Museo do Humor de Fene.