
No muíño do Pombal, en Maniños, a onde acudo dende hai uns meses a os talleres de cerámica impartidos pola mestre ceramista Carme Romero, tiven onte a ocasión de asistir e poder fotografar un dos momentos máis agardados por calquer ceramista, ese momento despóis de que o lume xa fixo o seu labor no que toca abrir o forno para, pouco a pouco e coa mesma delicadeza e agarimo co que unha nai ou un pai collen ó seu bebé recién nacido, coller unha a unha as súas obras aínda quentes e ver o resultado final do seu traballo.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario