Aquí


 Ao pé do mar de Barallobre.

Fotografías para ver na radio.

Pois si, hoxe pasei polos estudios de Radio Fene para quitar unhas fotos que se verán próximamente na radio... Século XXI.
 www.radiofusion.eu


Hai un camiño que sube


 Todas as montañas teñen un camiño que sube.

Perlío, paseo por Fene.


Relacións simbióticas

Cadros abstractos atopados. 
Terra é sabia, vive, alimentándose de ela mesma, para ela...
Despóis estamos nos.


Paisaxes da nosa ría.

 



A ría de Ferrol entre o fume ou a néboa.

Ben podería ser néboa, pero neste caso trátase dos fumes provocados polas queimas domésticas controladas. Non quedan mal na foto, senón fora...



Paisaxe natu...strial.


 Primeiras raiolas de sol pintan o frío azul da ría de Ferrol. 

Agardando a hora de xantar.


 Non é un paseo matutino á beira do mar, é horario laboral.

Había un dinosaurio na praia de Doniños



Onte, nunha bonita mañá solleira e fresca, típica do outono galego, fun dar un paseíño á praia de Doniños, na costa ferrolana, coma sempre coa cámara colgada. Cando xa estaba marchando, despóis de pasarme un bo anaco afotando as olas e as pedras que empezaban a iluminarse coas raiolas, pareceume ver na area unhas pegadas que chamaron moito a miña atención, eran moi pequenas e mestas, seguinas coa ollada e de súpeto "flipei", non podía crer o que estaba a ver, agacheime un pouco, con moito tino de non facer ruído para asegurarme do que me parecera ver, fixándome mellor na mancha verde e alaranxada que ía movendose pola area cara as dunas.

Pousei moi amodiño o trípode, non podía arriscarme a asustalo montando a parafernalia típica para unha boa foto e perder a que podía ser a miña única oportunidade de retratalo, así que collín a cámara na man e pouco a pouco fun pousando os xeonllos na area e despóis os cóvados, ó mesmo tempo que collía aire para aguantar a respiración. Tiña que asegurar alomenos un disparo. 

Xa!.

Tíñao :-) !!!.

Alomenos tres fotogramas. A cámara aínda estaba en modo ráfaga despóis da sesión de olas. Xa podía respirar.

Tranquilamente adentrouse entre as herbas das dunas, seguino amodo e decateime de que él (ou ela) xa me vira a min, pero parecía non darlle moita importancia á miña presencia.

Aproveitei o tempo no que estivo atravesando as dunas iluminado polo agarimoso sol da mañá para sacarlle algunha foto máis, ata que se meteu na espesura dos matoxos.


Supoño que ía camiño do lago.

Tamén había por alí, coma sempre en caseque todolos lados, pegadas de humanos.

Noces, verdes e castañas



Un curruncho da miña terra no que se pode disfrutar dun momento de conexión co entorno, no que a auga cala o son da cercana estrada e a natureza fálache. Un sitio onde pararse un pouco a sentir.
O pequeno parque do muíño do Pombal, en Maniños, no concello de Fene.




 

O mago Merlín pasea por Esmelle.


Nun fermoso paraxe de Esmelle podemos atopar paseando ó Merlín, o mago. Obra do mestre ceramista Francisco Pérez Porto.



O Canido das Meninas

Préstame pasear polas rúas do barrio ferrolán de Canido xogando coas súas meninas.

Por alí ven o sol.

 

Centos de xirasois disfrutan das raiolas do sol despóis de coidar durante toda a noite da colleita de millo.

Lugar do Casal, Maniños. Fene.

OMD E-M10mkII - 40-150 f4-5,6R - polarizador - f/4.0 - 1/800 sg.

Retrato de Sofía e Andreia

As miñas modelos galaicobrasileiras máis ben queridas.

Onde empeza a ría


un paseo cando acaba o día

Barallobre


Fene, A Coruña.

Unhas fotos na sala


Nunha casa con gato...