Unha triste realidade

 


Carlos Callón fala aquí do que acontece co meu idioma no meu país no Club de lectura de Radio Fene, Radiofusión. UNHA TRISTE REALIDADE



Un pandereteiro de Fene

O día 1 de xullo de 2022 pasou por San Valentín o Xabier Díaz a dar un concerto con As Adufeiras do Salitre, Roberto Grandal e Iván Costa.




Un agradable solpor no paseo marítimo para desfrutar da súa arte.




Tamén estivo a miña amiga e mestra ceramista Carme Romero a facerlle entrega de unha obra co seu pandereteiriño particularar, agasallo do C.P.S: de San Valentín, que tamén o agasallou con un mandil co logotipo da sociedade.