Fotografías para ver na radio. Eugenia Sanmartín.


 A artista Eugenia Sanmartín nunha das sesións da gravación do serial radiofónico "María Casares. Eu son do océano" nos estudos de Radio Fene.

Podes escoitar os audios dos capítulos de este serial no apartado de radio á carta na páxina de Radiofusión ou nas historias destacadas do meu perfil de Instagram @xanxenfotos.   

E as rúas enchéronse de música

De música, de bailes, de moda e de xente para desfrutar dunha xornada de ocio e comercio organizada polos mercadores da asociación "O Cruceiro" de Fene. Os meus parabéns por esta iniciativa que pode ir consolidándose coma unha festa popular máis nas nosas rúas, das que convidan á xente a saír a pasear, e lóxicamente a mercar no comercio local.
O que non serei capaz de entender nunca é o empeño que hai en chamarlle a estos eventos "fasion nait", tamén podían chamarlles, aínda que parte deles se celebren cando aínda é día: Noite da Moda, Fene 2022, por exemplo. 









 

Moteiros no faro de Meirás


 Ruta moto-turística ata as terras de Meirás, Valdoviño cos Fojeteiros de Narón.