Campións!!!
![]() |
Perlío, campión da Liga e campión da Copa da Ría de fútbol 2022-23.
Os xogadores Rubén Franco e Iván San Emeterio do Perlío celebran o primeiro dos tres goles conseguidos na final da copa fronte ó Cebarca (3-1).
Moitas motos
Fin de semana moteiro en Narón.
Centos e centos de motos e moteir@s encheron un ano máis o paseo marítimo de Narón e as estradas e rúas de Ferrolterra para celebrar a concentración organizada polo moto club Fojeteiros, que xuntou a milleiros de persoas arredor destes aparellos de catro ferros un motor e dúas rodas... Ou tres.
Narón, xuño de 2023.
O canto da Terra
"A terra feita cerámica canta,
as meigas e as árbores cantan,
cántanlle á terra dos homes e das mulleres,
canta a terra,
cantan as meigas, as meigas sabias, sabias e boas."
Escoitei que a terra cantaba onte en Fene, cantou acompañando as fermosas voces do
TradiCoro de Airiños de Fene na exposición que Carme Romero inaugurou na Casa da
Cultura - Museo do Humor Xaquín Marín e que se pode visitar ata o 22 de xuño de 10:00 a
13:00 e de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 13:00.
Meigas sabias e mulleres boas, non a perdas.
A "praza" do Tri, Cobas
No ano 2001 a Asociación Veciñal Santa Comba de Cobas encargóume o deseño dun mural para sanear e decorar unha parede, a parede da ´praza" do Tri.
O Tri (tamén chamado El Tri) é un pequeno curruncho con forma triangular na beirarúa ao pé da estrada principal. Naquela época tiña unha grande árbore no centro e era utilizado pola rapazada do pobo como punto de reunión, para xuntarse a falar e facer as súas cousas.
Hoxe a árbore xa non está, cambiaron os bancos e á rapazada tampouco a vexo cando paso por aquí.
Será que a Praza do Tri xa non existe.
Cobas, Ferrol abril de 2023.
Mural cerámico de 620x220 cm. ideado por Xan Xe elaborado coa colaboración das empresas Azulejos Sanchís e Cobsa de Castellón.
Fotografía da época:
Ás veces vexo caras
Cando sairon os primeiros raios de sol atopeina bañándose nas frías augas da praia de Sartaña.
Cobas, Ferrol.
Pareidolia.
Compromiso
"Comprometinme contigo a lembrar para sempre aquela tarde que pasamos na praia,
conmigo comprometinme a deter os momentos como unha arte de maxia."
Campelo, Valdoviño. Abril de 2023.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




