AS QUE FORON CANDIDATAS (3)




Seleccionada











XIX Certame fotográfico Medio Ambiente.
Ateneo Ferrolán. 2009

AS QUE FORON CANDIDATAS (2)




Accésit




VIII Concurso fotográfico Concello de Neda.
Detalles. 2008


AS QUE FORON CANDIDATAS (1)

































Mirada e Luz 2008. Caixa Galicia



2º PREMIO DO III CERTAME FOTOGRAFICO FESTA DO CABALO





O xurado do III Certame de Fotografía Festa do Cabalo reunido no local da Asociación Veciñal de Magalofes o sábado 25 de setembro de 2010, acordou outorgar o 2º premio deste certame convocado por dita asociación e por Radiofusión á fotografía "Galopando".


Arte andaluz




















O pasado venres 17 de setembro disfrutamos dun sensacional concerto que nos ofreceu El Arrebato no peirao de Curuxeiras de Ferrol.
Quero adicarlle esta entrada a Mari, unha grande admiradora.

BROTES DE VIDA




Fotografía seleccionada para o XX Certame FOTOGRAFÍA de MEDIO AMBIENTE 2010 do Ateneo Ferrolán, que estará exposta no seu local da Rúa Magdalena, 202-204 de Ferrol do 5 ó 30 de xuño e no Outono Fotográfico de Ourense.




A VIDA NO INVERNO




Fotografía seleccionada para o XX Certame FOTOGRAFÍA de MEDIO AMBIENTE 2010 do Ateneo Ferrolán, que estará exposta no seu local da Rúa Magdalena, 202-204 de Ferrol do 5 ó 30 de xuño e no Outono Fotográfico de Ourense.

Raimbow warrior?




Serán os guerreiros, ou é o camiño que leva ós tesouros que agachan os pés do arco da vella?.

Xogando na neve



Aproveitando as nevaradas da semana pasada, moitos das mariñas subimos a cotas máis altas para disfrutar das brancas paisaxes ás que non estamos acostumados. Mentras uns xogaban e arrolaban pola neve, outros disparabamos as nosas cámaras.
Estas son algunhas das fotos que trouxen no meu sensor:



















































OUTONO NA FRAGA



Perigosa beleza no outono das fragas.

1º PREMIO DO IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE NEDA, 2009




O lema do concurso de este ano era "Os nosos maiores" e tratábase de presentar retratos de persoas maiores residentes no Concello de Neda.
Despóis de pasear varios días por aquelas rúas e camiños buscando modelos para retratar só conseguín que posaran para mín seis persoas, que o fixeron con gusto, facilitándome os seus datos personais e a autorización para o uso da súa imaxe.
Alomenos outros tantos negáronmo, argumentando motivos do máis curioso: "Non, que a mín no concello coñécenme porque teño un litixio polo peche dunha finca..."; "A min non, que aínda os hai mais vellos que eu..."; "Non, que eu fun concejal e non me gusta sair nesas cousas ..." ¿...?
Imaxino que por motivos semellantes a concurrencia ó certame deste ano non foi moi elevada, confirmando a teoría que dí que os humanos somos reacios a que nos fotografíen, e moito máis si esa fotografía vai ser usada de xeito público.
Será a vergoña?...

Os meus "éxitos" do verán



Fotográfica-mente non estivo mal de todo este verán, xa que despois da foto do Ateneo Ferrolán da entrada anterior, algún outro traballo tivo un recoñecemento público, o cal me enche de ledicia.
“Lobadíz e Illas Gabeiras” e “Praza de Armas” estiveron entre as vinte finalistas do Spinnaker 2009 colgadas no peirao de Curuxeiras. Onde se trataba de representar o patrimonio turístico de Ferrolterra. (Parabéns tamén para Gelis, Fris, e por suposto a Bonistar por ese premio).












“Tira!!” foi galardoada co 3º premio do “II Certame de fotografía da Festa do Cabalo” convocado pola Asociación Veciñal de Magalofes e Radiofusión.

… moi rico todo.
Tamén son de agradecer os múltiples parabéns por parte de varios membros da redacción e fotógrafos de La Voz de Galicia por unha reportaxe sobre un dramático accidente vivido nunha estrada que pasa por Maniños, e que foron primeira páxina e reportaxes interiores nas edicións dos días 29 e 30 de xullo de 2009.

Todo un pracer



Todo un pracer escoitar os sons da auga,
dos paxaros, do ar,
contemplar as verdes cores,
disparar esta fotografía.
Todo un pracer que fose seleccionada polo xurado para participar no XIX Certame Fotográfico Medio Ambiente 2009 do Ateneo Ferrolán, na exposición que se está a celebrar nas súas instalacións da rúa Magdalena, 202-204 ata finais de este mes de xuño, no seu catálogo, e nas exposicións que se celebrarán polo país adiente, durante este ano cos traballos seleccionados.
E todo un pracer, cómo non, vela colgada entre as de admirados colegas.
Parabéns Fran e Fris.