PAISAXES DUNHA CADEIRA ESPIDA

Paraxes na beira do mar,
na beira dun río,
atoparse só baixo as sombras,
no medio da néboa,
baixo a calor do sol ou o frío do vento.
Na natureza…
escoitando o seu silencio
e gozando dos seus sons.
Onde nunca estivemos xuntos
sento a soñar…

Xan Xe, 2011














































DÍAS DE TEMPORAL CON MAR DE FONDO






















Aínda que non é moi agradable pasear pola praia estos días, merece a pena achegarse a ver a impresinante forza do mar de fondo.
Eu paseeime por Meirás estos días agarrado con forza no trípode para non sair voando, as dúas primeiras fotos son do martes con alerta laranxa (según os homes do tempo), e as outras do mércores con alerta vermella.


RIO BELELLE. EN COR OU EN BRANCO E NEGRO????????










Pois iso, que me gustaría saber a vosa opinión sobre cal de estas dúas imaxes vos gusta máis, a de cor ou a de branco e negro.
Podedes comentar no blog ou en Facebook.



AMANITA MUSCARIA










Sempre que vexo estas fermosas setas intento pisar o chan con moito coidado e busco algún de esos diminutos seres que dín que as habitan.
Ata agora foime imposible atopar ningún pero non por iso deixarei de intentalo.

AS QUE FORON CANDIDATAS (12)




Finalista seleccionada para a exposición e o catálogo.













Fotografías presentadas ó XXI Certame de Medio Ambiente do Ateneo Ferrolán de 2011 que se inaugurou hoxe 6 de xuño na sala de exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol, no peirao de Curuxeiras.
A exposición permanecerá aberta ó público ata o día 21 de xuño en horario de 19 a 21 horas e as fotografías seleccionadas participarán no Outono Fotográfico de Ourense.

INAUGURACIÓN DE EXPOSICIÓN





















Inaugurada a mostra cultural da Semana das Letras Galegas con exposición multidisciplinar de Xan Xe no local social da Asociación Veciñal Olmo en Vilar, Pontedeume que permanecerá aberta ata o sábado día 21 de maio.

EXPOSICIÓN DE XAN XE NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS






O luns día 16 de maio ás 19:00 h. inaugúrase a Semana das Letras Galegas no local social da Unidade Veciñal Olmo en Vilar, Pontedeume, con encontros culturais e mostra de traballos de artesanía Ademais haberá unha exposición de obras miñas na que amoso escultura, pintura, poesía e lóxica mente fotografía.
A mostra permanecerá aberta ata o sábado 21 de maio.
O programa de actividades que acompaña á exposición é o seguinte:
Luns 16 ás 19:00 h.: Apertura da mostra polo Sr. Alcalde de Pontedeume e actuación da coral Polifónica "O Pote" de Maniños.
Martes 17: Excursión á Illa de Óns.
Mércores 18: Visita dos colexios dende as 9 da mañá, xogos populares, obradoiros con artesáns, palilleiras, redeiro, fiadora de lá, tear, ferreiro, máquina de mallar.
Xoves 19 ás 20:00 h.: Charla sobre Lois Pereiro.
Venres 20 ás 22:30 h.: Actuación do grupo folk-rock "Estimaba que viñeras".
Sábado 21 ás 20:00 h.: Peche da mostra con actuación da Coral Polifónica Eumesa e remate con queimada na que se lerá o esconxuro do Segrel do Penedo Xosé María Pérez Parallé.

Estades todos convidados.

RESIDENTE EN FERROL VELLO






"O meu barrio, un dos poucos sitios que aínda quedan nas cidades no que se pode vivir tranquilo, onde podes ir a pasear polas rúas sen presas, sen agobios, sen coches que che pasen por enriba ó mínimo despiste, onde os veciños non te despertan nas mañás dos domingos co ruído do aspirador ou o volume do televisor, onde podes sair da casa e deixar a porta aberta...
Só ten unha cousa que me preocupa: os tellados e as vigas."

ÁS CEIBES Á LIBERDADE DE PRENSA E UNHA POMBA






"Ás ceibes" é unha escultura de Manuel Patinha instalada no Cantón de Molíns de Ferrol como momumento á liberdade de prensa.
A pomba é un animal do orden Columbiformes que en moitas culturas é utilizada como símbolo da sinxeleza, a inocencia, a paz, a armonía...

VOLVERON AS FLORES DA HERBA DE NAMORAR






Xa empezan a estar as nosas costas lucindo as armerias que as adornan todas as primaveras.


OUTRA DE LOBADÍZ




Esta é unha das zonas que máis me gusta da costa Ártabra.