AS FRAGAS DO EUME ESTÁN ARDENDO


Un día despois da publicación da entrada anterior coñezo a nova do que está pasando:

As Fragas do Eume están ardendo.

Non é xusto, non hai dereito…

Fáiseme un nó no peito…

Vexo as novas nos xornais dixitais, na televisión, na radio, os comentarios e os enlaces dos amigos na rede,  escoito pasar os hidroavións, vexo a cor do ceo… e fáiseme un nó no peito.

A miña reflexión lévame a unha conclusión e fai nacer en min un sentimento de odio. 

Haberá quen poida pensar de min que son unha mala persoa ou que estou tolo, pero non me importa. Eu, que nunca mal de min falo a ninguén, sei que son de boa xente… 

E pido xustiza, non sei a quen, pero pido xustiza.  E non a xustiza que cos cartos dos impostos que pagamos alimenta e da pensión completa con ximnasio e canal plus a violadores e asasinos. E vólvome radical co meu odio e o meu sentir, sen hipocrisía. E non admito a políticos, nin relixións, nin Asambleas Internacionais nin ostias que me digan que a vida de unha persoa está por enriba de todo.

Penso que hai xente que non merece vivir nin unha morte digna.






























O RÍO BELELLE E OS SEUS HABITANTES






Nun dos meus paseos matinais pola veira do río Belelle atopeime cun dos seus habitantes no medio do camiño, cando me veu votouse á auga e despois agachou nun burato para vixiarme, creo que é un visón pero non estou seguro, si alguén o recoñece agradecería o comentario.



HUMIDAL DA XUNQUEIRA, ARES





Os veciños e visitantes da vila de Ares teñen un agradable paseo acondicionado neste humidal   que incluso conta con dous observatorios para aves e algunha papeleira infrautilizada, xa que a xente que vai por alí a facer o botellón, como é habitual, descoñece o seu funcionamento.
Fotográficamente gústame o efecto das ramas das árbores sen follas no inverno, pero haberá que volver máis adiante cando broten as novas follas e regresen os parrulos.


ESCAPARATE



Outra vez me que me pasa... non teño claro que procesado me gusta máis para esta foto tomada nunha rúa de Mondoñedo. 
Cor ou branco e negro?



FELICIDADES




Hoxe é día de celebración en www.xanxenfotos.com e quero facelo con ricas chuminadas igual que un neno.
Un neno que se alegra de que hoxe se chegara á cifra das 5000 visitas a esta modesta páxina dun apaixoado pola fotografía que fai xa catro anos iniciou a súa andadura por Blogger.
Quero agradecervos as vosas visitas a todas e a todos os que pasades por aquí e desexo que o sigades facendo, si é que vos gusta algo dos traballos que vou subindo.

Grazas.




O CEMITERIO DO MARIÑEIRO ESQUECIDO


































Camiñando polo paseo marítimo de Pontedeume podemos contemplar o maior cemiterio mariño que eu vin ata o momento. Na desembocadura do río Covés, ó pé do río Eume, poden contarse os restos dunhas 14 embarcacións que algún día fixeron o seu traballo no mar e que hoxe, esquecidas, forman parte dunha paisaxe triste... de abandono, de desprezo do que foi e xa non é.


EU NON CREO EN "EL CORTE INGLÉS"





HOMENAXE O MESTRE J.B.




Inspirándome nunha obra do mestre da fotografía de natureza José Benito Ruiz.
...A mágoa é que non atopei unha forma tan sensual como a súa.

OLA DE FRIO

Mentres sigue a ola de frío por Europa adiante, eu aproveito a mañás xeadas que nos tocan para buscar novas imaxes.














FUXINDO DE MIN




Hoxe tiña ganas de xogar...


CAMIÑO DE FERRO





MUIÑO NO BELELLE




Muiño restaurado no camiño da fervenza do río Belelle. O Roxal, Neda.



PRAIA DE CAMPELO






Outro día con mar de fondo.





ENARBORAR O BOSQUE

Este ano que rematou tiven a honra de participar coa miña modesta aportación do poema “Verbas” no proxecto “Enarborar o Bosque”, promovido como acto simbólico-cultural polos artistas plásticos e visuais Deli Sánchez e os componentes do colectivo arTeu Xacobe Meléndrez e Inma Doval, para facer un chamamento á valoración dos nosos bosques.
O acto consistíu nunha xornada de Arte Reivindicativa ao Aire Libre na Carballeira de Chaián ó pé do río Tambre en Trazo, Santiago de Compostela o día 5 de xuño de 2011.
A miña aportación forma parte da instalación de Xacobe Meléndrez “Poemas na Fronde”, na que se fixeron pendurar dunha árbore as obras de 39 poetas de distintas nacionalidades (galegos, cavoverdianos, mexicanos, costaricenses, portugueses…)
Un total de 59 artistas da pintura, a fotografía, a escultura, a música, a poesía…
que viron reflexado o acto na exposición que tivo lugar no Castelo de Santa Cruz en Oleiros, A Coruña, do 22 ó 31 de agosto, e neste video de Diego Beltrán, no que “Verbas” é recitado no minuto 12:55 pola actriz Iria Sobrado.


Verbas

Verbas que nacen escritas,
faladas, debuxadas ou pintadas,
talladas, labradas, cantadas…
Soñadas.

Verbas que un home non sabe dicir,
que quere facer escoitar a un amor
do que non sabe nin sinte si quere sentir,
si quere gozar…
Vivir.

Verbas sin letras,
sin aire, sin trazos nin cor,
no freixo, na pedra, nos sons…
Soñando.

Verbas que falan a un mundo
de un mundo que vive,
que loita e que soña utopías…
Desexos.

Xan Xe