UN REGALO PARA QUEN NON O ESPERA
Ás veces pasa que cando menos o esperas alguén che fai un regalo.
Un frío día de inverno de paseo pola costa de Lobadíz e cando menos o esperaba o amigo Sol regaloume unhas raiolas para iluminar esta fotografía.
A VELLA ESCOLA (e X)
A Señorita
Alí queda aínda a señorita.
Rota, como a vella escola,
sin ter nada que ensinar a ninguén.
Etiquetas:
arquitectura,
denuncia,
reportaxe
A VELLA ESCOLA (VIII)
Os baños
Pareceume incrible que aínda quede un urinario case intacto pendurado da parede... aínda que a súa tubaxe xa pasou a formar parte do quilo de chatarra.
Etiquetas:
arquitectura,
denuncia,
reportaxe
A VELLA ESCOLA
Esta carteira é o símbolo.
É o único resto que atopei no meu paseo ao interior dunha vella escola abandonada xa fai anos que pode representar o que aquel gran edificio de estancias hexagonais foi no seu día.
Con ela quero empezar unha serie de fotografías que alí fixen e que amosan o que a vella escola é hoxe en día.
Etiquetas:
arquitectura,
denuncia,
reportaxe
NOVOS BROTES NAS FRAGAS
Prodúceme un enorme pracer pasear pola Nosa Fraga, a Fraga do Eume, e comtemplar novos brotes de vida que veñen a cubrir coas suas verdes cores esta fermosa paraxe, desexando que nos agachen canto antes aqueles negros das cinzas que as atacaron o ano pasado.
PRODUCIÓN EFÍMERA
"Produción Efímera" é un proxecto expositivo organizado por Fotoforum Lumen no que teño a honra de participar con unha das miñas fotografías. A exposición está formada por 66 obras de outros tantos fotógrafos.
A escultura que representa esta imaxe forma parte do escaparate na entrada do local da exposición e esta é a súa lenda:
Produción Efímera.
Galería anónima e flotante de venta de fotografía
Dende a tarde do 3, ata a noite do 5
Rúa da Igrexa, 14 baixo (Ferrol)
Produción Efímera é un proxecto do Fotoforum Lumen que ten como finalidade poñer á venta obras de fotógrafos consagrados con outras daqueles que non o son tanto. Quixemos engadirlle algo de misterio, azar e gusto persoal, de tal maneira que o posible comprador non vai saber, ata despois da compra, de quen é a autoría da fotografía.
Todalas fotografías serán colgadas no baixo co mesmo tipo de marco, igual tamaño e en igualdade de condicións: é máis, terán todas o mesmo prezo, independentemente do autor.
O espazo baleiro estará en permanente construcción, enchendoo de sentido.
O día 5 terá lugar pola tarde noite, unha pequena clausura.
FITO
Lembro cando a finais dos anos 70 ou principios dos 80 escoitaba no radio-casete do meu pai a súa carácterística voz cantando cancións en galego co seu grupo A Roda: o "Pousa, pousa", "O andar miudiño"...
O pasado domingo tivemos o gusto de escoitalo na romería do Pote de Maniños, onde fixen estas fotografías, e unha semana despois as redes sociais e a prensa infórmannos do seu pasamento.
Descanse en Paz señor Fito Domínguez.
VAN COMO MOTOS...
Van como motos...
AS QUE FORON CANDIDATAS (13)
"A fraga queimada". Seleccionada finalista.
"Paisaxe dunha cadeira espida". Seleccionada finalista.
"Feridas mortais".
Estas foron as tres obras que presentei este ano ó "XXII Certame Fotográfico sobre Medio Ambiente 2012" do Ateneo Ferrolán, das que dúas foron seleccionadas como finalistas entre máis de 200 presentadas a concurso por fotógrafos de toda España.
As 50 obras seleccionadas participan na exposición que se inaugurou hoxe, día do Medio Ambiente, na sala de exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol, no peirao de Curuxeiras, e que permanecerá aberta de 18 a 21 horas durante todo este mes de xuño. Tamén formarán parte do catálogo do certame e da exposición itinerante que participará no Outono Fotográfico de Ourense.
Etiquetas:
concursos,
denuncia,
natureza,
paisaxe,
paisaxes dunha cadeira espida
XAN XE NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Por segundo ano teño o gusto de participar na exposición que con motivo da Semana das Letras Galegas organiza o Unidade Veciñal Olmo en Vilar, Pontedeume.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































