POLAROID V. PASEO MARÍTIMO DE SAN VALENTÍN



Paseo marítimo de San Valentín, da serie: Paseo por Fene


POLAROID III. AVENIDA MARQUÉS DE FIGUEROA



Avenida Marqués de Figueroa, da serie: Paseo por Fene


POLAROID II. Ó CAMIÑANTE DESCOÑECIDO



Ó camiñante descoñecido, da serie: Paseo por Fene

Monumento situado en Barallobre, Fene, ideado por D. Alfonso Piñón e que foi inaugurado o 1 de xullo de 1934 por D. Ramón Otero Pedraio e D. Ramón Vilar Ponte, entre outras personalidades da época. 
Foi o primeiro monumento do mundo adicado ó camiñante e conta con varios bancos na memoria de galegos ilustres e unha biblioteca ó aire libre. 
Inicialmente foi construído ó carón da estación do ferrocarril e reubicado á beira da estrada da Palma no ano 1984, cando se lle engadiron tres novos bancos adicados a Castelao, Vilar Ponte e ó meu veciño Xosé María Pérez Parallé.

Para Piñón: "O camiñante descoñecído é o traballador que pasa e é a muller que traballa a terra buscando o benestar da súa familia; e é o ledo excursionista; e é a muller que pasa aloumiñando a lonxanía, agardando a volta do home emigrado; e é o neno que vai tódolos días á escola, e é a parella namorada que pasea a súa felicidade polo mundo. O camiñante
descoñecido é o home que viaxa na procura de aventuras, e é o vagabundo, que non busca nada, porque xa encontrou todo; e é o pobre que vai de porta en porta; o é o defunto que pasa a carón noso fácendo a súa última viaxe; e é o río que camiña eternamente ata o mar".





AS QUE FORON CANDIDATAS (14)

Un ano máis presentei tres obras ó certame fotográfico de máis prestixio dos que se celebran na bisbarra de Ferrol e decano no estado español, o "XXIII Certame Fotográfico sobre Medio Ambiente 2013" organizado polo Ateneo Ferrolán. 
Como todos os anos, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente inaugurouse onte 5 de xuño nas remozadas instalacións do Ateneo a exposición das 50 obras finalistas que tamén participarán no Outono Fotográfico e na que teño a honra de participar coa fotografía "Resaca" que xa apareceu publicada neste blogue.
Estas foron as fotos cas que participei:

"Resaca". Seleccionada finalista.

"Novos brotes nas fragas"

"Cemento"





ESTREANDO UNHA CÁMARA POLAROID



Sector naval, da serie: Paseo por Fene

Esta é a primeira fotografía que fago cunha cámara Polaroid, é unha Close-up 636 que me regalou un bo amigo ao que estou moi agradecido e coa que estou moi ilusionado. Con ela quero empezar facendo unha serie adicada a Fene, o concello onde me tocou vivir. A ver que sale...
Tamén quero agradecerlle a Angel Sotelo da galería Photo Art de Ourense que me suministrara os meus primeiros cartuchos de película para empezar a xogar á fotografía analóxica instantánea.




UN REGALO PARA QUEN NON O ESPERA



Ás veces pasa que cando menos o esperas alguén che fai un regalo. 
Un frío día de inverno de paseo pola costa de Lobadíz e cando menos o esperaba o amigo Sol regaloume unhas raiolas para iluminar esta fotografía.


A VELLA ESCOLA (e X)

A Señorita



Alí queda aínda a señorita. 
Rota, como a vella escola, 
sin ter nada que ensinar a ninguén. 




A VELLA ESCOLA (IX)


Desde as aulas cara a dentro.



Política?



"Sonrie..."



Ninguén sabe esperar...


A VELLA ESCOLA (VIII)

Os baños



Pareceume incrible que aínda quede un urinario case intacto pendurado da parede... aínda que a súa tubaxe xa pasou a formar parte do quilo de chatarra.








A VELLA ESCOLA (III)



Escola de grafiteiros ou grafiteiros de escola?



A VELLA ESCOLA



Esta carteira é o símbolo. 
É o único resto que atopei  no meu paseo ao interior dunha vella escola abandonada xa fai anos que pode representar o que aquel gran edificio de estancias hexagonais foi no seu día. 
Con ela quero empezar unha serie de fotografías que alí fixen e que amosan o que a vella escola é hoxe en día.



NOVOS BROTES NAS FRAGAS



Prodúceme un enorme pracer pasear pola Nosa Fraga, a Fraga do Eume, e comtemplar novos brotes de vida que veñen a cubrir coas suas verdes cores esta fermosa paraxe, desexando que nos agachen canto antes aqueles negros das cinzas que as atacaron o ano pasado. 




PRODUCIÓN EFÍMERA



"Produción Efímera" é un proxecto expositivo organizado por Fotoforum Lumen no que teño a honra de participar con unha das miñas fotografías. A exposición está formada por 66 obras de outros tantos fotógrafos. 
A escultura que representa esta imaxe forma parte do escaparate na entrada do local da exposición e esta é a súa lenda:

Produción Efímera. 
Galería anónima e flotante de venta de fotografía
Dende a tarde do 3, ata a noite do 5
Rúa da Igrexa, 14 baixo (Ferrol)

Produción Efímera é un proxecto do Fotoforum Lumen que ten como finalidade poñer á venta obras de fotógrafos consagrados con outras daqueles que non o son tanto. Quixemos engadirlle algo de misterio, azar e gusto persoal, de tal maneira que o posible comprador non vai saber, ata despois da compra, de quen é a autoría da fotografía.

Todalas fotografías serán colgadas no baixo co mesmo tipo de marco, igual tamaño e en igualdade de condicións: é máis, terán todas o mesmo prezo, independentemente do autor.

O espazo baleiro estará en permanente construcción, enchendoo de sentido. 
O día 5 terá lugar pola tarde noite, unha pequena clausura.


UVEDOBRE



Pois estácheme gustando este xogo das dobres exposicións...



FITO



Lembro cando a finais dos anos 70 ou principios dos 80 escoitaba no radio-casete do meu pai a súa carácterística voz cantando cancións en galego co seu grupo A Roda: o "Pousa, pousa", "O andar miudiño"... 
O pasado domingo tivemos o gusto de escoitalo na romería do Pote de Maniños, onde fixen estas fotografías, e unha semana despois as redes sociais e a prensa infórmannos do seu pasamento.
Descanse en Paz señor Fito Domínguez.