Solucións Xa!!! Non nos quedamos uns mirando para os outros mentras que os incompetentes politicos que nos gobernan non fan nada para solucionar os problemas laborais que sufre a comarca de Ferrolterra.
O tempo que pasa, unha cama baleira e fría, o chan que ninguén pisa, po. A luz dunha fiestra que nunca se abre iluminando nada. E nalgún caixón gardado pra sempre... O esquecemento.
Un bodegón sinxelo no que quero amosar un traballo de reciclaxe que fixen tallando o vidro destas dúas botellas de viño alvariño coas que nos agasallaron uns amigos para compartir unha agradable velada. (É unha mágoa que ó subir as fotografías a Blogger perdan a intensidade das cores).
Tamén quero celebrar con esta foto as máis de 10.000 veces que pasáchedes por aquí a ver as miñas obras fotográficas, agardando que algunha vos gustara e que non deixedes de vir de vez en cando.
Alí están, no seu estanque, convivindo con todo o arte que podemos atopar no Bosque das Esculturas e máis en todo o complexo cultural e conxunto museístico Regal Xunqueira de Viveiro.
Para intentar aproveitar outras dúas fotografías que non saíron da cámara nin se revelaron por quedarse enganchadas unha con outra pasoume pola cabeza facer unha transferencia para aproveitalas.
Transferencia de emulsión química Impossible Polaroid, óleo e lápis.
O pasado fin de semana celebrouse polas rúas de La Bañeza o "54 Gran Premio de Velocidad Ciudad de la Bañeza". Alá nos fumos un ano máis, xunto con miles de aficionados ó motociclismo a disfrutar das carreiras de motos clásicas e do excepcional ambiente moteiro.
Experimentando a técnica de transferencia da emulsión química da película Impossible para Polaroid con dúas fotografías que por algún motivo que descoñezo non se revelaron. Trátase de separar a emulsión química da lámina plástica e do papel que forman a fotografía e depositala sobre un papel de acuarela, co que se consiguen interesantes efectos e texturas.
Neste caso ben podería tratarse dun cadro abstracto.
O Torreón dos Andrade, da serie: Recunchos de Pontedeume
Pois seguimos xogando coa Polaroid...
Ademais da serie adicada a Fene, o meu concello, tamén quero adicarlle unha pequena serie con este tipo de fotografía á vila onde miña nai me trouxo a este mundo: Pontedeume.