CHEA DE VIDA

Estarei subindo a unha montaña,
estarei buscando a sombra dunha parra,
estarei, estarei, estarei chea de vida,
chea de vida, chea de vida....
Cantaba GUADI GALEGO mentras eu estaba editando esta fotografía.
....
E sigue o Blogger modificando algunhas cores das fotografías, neste caso modifica a cor púrpura da flor volvendoa máis azul. :-(
O RÍO SESÍN EN CAAVEIRO
NA ESCALEIRA
ADEUS SEÑOR DAS POMBAS

Hoxe deixounos Pachara, un mítico e carismático persoaxe das rúas de Ferrol.
Para mín, e para a miña obra, sempre será "O Señor das pombas"...
Pachara xa aparecera nesta bitácora o 7 de marzo do 2011 alimentando as pombas da praza de Armas e nalgunha outra fotografía camiñando polas rúas, posiblemente dirixíndose cara ó Cantón para "regular" os aparcamentos.
Tamén inspirou un gravado á augaforte e augatinta que fixen o ano pasado.

e neste pasado verán fixen outra versión de "O Señor das pombas" con este debuxo a técnica mixta.

D.E.P. José Manuel Sayar. "O Señor das pombas".
Etiquetas:
animais,
artística,
Bágoas,
fotos na rúa,
retrato
MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Seica "Memorias dun neno labrego" é o libro máis lido da literatura galega.
Hoxe 15 de novembro de 2015 finou na súa parroquia natal de Gres, en Vila de Cruces, Pontevedra, o seu autor, un dos grandes da Galiza: D. Xosé Neira Vilas
Eu tiven a honra de retratalo o día 4 de xullo do 2009 co gallo do 75 aniversario do Monumento ó Camiñante Descoñecido de Barallobre, Fene.
Aquí témolo cantando o Himno Galego no remate do acto.
D.E.P.
SIRIA
A fotografía non sempre amosa beleza.
Hoxe en tódalas redes sociais e nos medios de comunicación non para de falarse dunhas imaxes captadas pola fotógrafa turca Nilüfer Demir nas que aparece o cadaver dun neno nunha praia afogado xunto con outras once persoas (7 meniños) cando tentaban seguir as súas vidas fuxindo da barbarie que está acontecendo no seu país.
Estáse a cuestionar por moita xente á fotógrafa por ter publicado esas fotografías pero eu penso que a quen temos que cuestionar é ó noso propio "mundo" por permitir que pase o que está pasando.
Etiquetas:
artística,
denuncia,
dobre exposición
OS PÉS DO AVÓ
O Avó ten a sona de ser o eucalipto (eucaliptus globulus) de maior porte de Europa cun perímetro duns 10,5 m. e unha altura de 67 m.
O seu pé pisa firme o Souto da Retorta na marxe dereita do río Landro, no lugar de Chavín en Viveiro (Lugo).
Din que foi plantado aló polo ano 1880.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












































