Estarei subindo a unha montaña, estarei buscando a sombra dunha parra, estarei, estarei, estarei chea de vida, chea de vida, chea de vida.... Cantaba GUADI GALEGO mentras eu estaba editando esta fotografía. .... E sigue o Blogger modificando algunhas cores das fotografías, neste caso modifica a cor púrpura da flor volvendoa máis azul. :-(
Un tópico para os de fora de Galicia sobre nós os galegos é que cando nos atopan nunha escaleira non saben si subimos ou baixamos... Aquí témolo representado na entrada do Museo do Humor de Fene.
Hoxe deixounos Pachara, un mítico e carismático persoaxe das rúas de Ferrol. Para mín, e para a miña obra, sempre será "O Señor das pombas"... Pachara xa aparecera nesta bitácora o 7 de marzo do 2011 alimentando as pombas da praza de Armas e nalgunha outra fotografía camiñando polas rúas, posiblemente dirixíndose cara ó Cantón para "regular" os aparcamentos. Tamén inspirou un gravado á augaforte e augatinta que fixen o ano pasado.
e neste pasado verán fixen outra versión de "O Señor das pombas" con este debuxo a técnica mixta.
Seica "Memorias dun neno labrego" é o libro máis lido da literatura galega. Hoxe 15 de novembro de 2015 finou na súa parroquia natal de Gres, en Vila de Cruces, Pontevedra, o seu autor, un dos grandes da Galiza: D. Xosé Neira Vilas
Eu tiven a honra de retratalo o día 4 de xullo do 2009 co gallo do 75 aniversario do Monumento ó Camiñante Descoñecido de Barallobre, Fene.
Aquí témolo cantando o Himno Galego no remate do acto. D.E.P.
A fotografía non sempre amosa beleza. Hoxe en tódalas redes sociais e nos medios de comunicación non para de falarse dunhas imaxes captadas pola fotógrafa turca Nilüfer Demir nas que aparece o cadaver dun neno nunha praia afogado xunto con outras once persoas (7 meniños) cando tentaban seguir as súas vidas fuxindo da barbarie que está acontecendo no seu país. Estáse a cuestionar por moita xente á fotógrafa por ter publicado esas fotografías pero eu penso que a quen temos que cuestionar é ó noso propio "mundo" por permitir que pase o que está pasando.