NO XARDÍN DA CASA DA MALETA

E con este procesado envellecido remato esta serie adicada a esta peculiar casa de Barallobre.
Teño que agradecerlle ó amigo Jose que me permitira visitar e fotografar as súas dependencias e disfrutar de esta xoia da arquitectura indiana de principios do século XX.
(Neste enlace podes acceder a máis información sobre ela)
Etiquetas:
arquitectura,
paseo por Fene,
reportaxe
O DEPÓSITO DE AS REGAS

Para mín, xunto coa guindastre, sempre foi un símbolo do estaleiro que alimentaba a nosa ría, ASTANO. Hoxe supoño que xa nin de auga abastecerá as súas instalacións. Será o símbolo da decadencia?.
Etiquetas:
arquitectura,
paseo por Fene,
reportaxe
CANDO SE POÑA O SOL...
PREPARADOS PARA O INVERNO
CHEA DE VIDA

Estarei subindo a unha montaña,
estarei buscando a sombra dunha parra,
estarei, estarei, estarei chea de vida,
chea de vida, chea de vida....
Cantaba GUADI GALEGO mentras eu estaba editando esta fotografía.
....
E sigue o Blogger modificando algunhas cores das fotografías, neste caso modifica a cor púrpura da flor volvendoa máis azul. :-(
O RÍO SESÍN EN CAAVEIRO
NA ESCALEIRA
ADEUS SEÑOR DAS POMBAS

Hoxe deixounos Pachara, un mítico e carismático persoaxe das rúas de Ferrol.
Para mín, e para a miña obra, sempre será "O Señor das pombas"...
Pachara xa aparecera nesta bitácora o 7 de marzo do 2011 alimentando as pombas da praza de Armas e nalgunha outra fotografía camiñando polas rúas, posiblemente dirixíndose cara ó Cantón para "regular" os aparcamentos.
Tamén inspirou un gravado á augaforte e augatinta que fixen o ano pasado.

e neste pasado verán fixen outra versión de "O Señor das pombas" con este debuxo a técnica mixta.

D.E.P. José Manuel Sayar. "O Señor das pombas".
Etiquetas:
animais,
artística,
Bágoas,
fotos na rúa,
retrato
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































