E con este procesado envellecido remato esta serie adicada a esta peculiar casa de Barallobre. Teño que agradecerlle ó amigo Jose que me permitira visitar e fotografar as súas dependencias e disfrutar de esta xoia da arquitectura indiana de principios do século XX. (Neste enlace podes acceder a máis información sobre ela)
Para mín, xunto coa guindastre, sempre foi un símbolo do estaleiro que alimentaba a nosa ría, ASTANO. Hoxe supoño que xa nin de auga abastecerá as súas instalacións. Será o símbolo da decadencia?.
Estarei subindo a unha montaña, estarei buscando a sombra dunha parra, estarei, estarei, estarei chea de vida, chea de vida, chea de vida.... Cantaba GUADI GALEGO mentras eu estaba editando esta fotografía. .... E sigue o Blogger modificando algunhas cores das fotografías, neste caso modifica a cor púrpura da flor volvendoa máis azul. :-(