ARTE NA RÚA


Hoxe, sábado 15 de marzo de 2014, o barrio de San Valentín, en Fene, convertíuse nun estudio de pintura o aire libre onde se xuntaron máis de 30 artistas da comarca e de outros puntos de Galicia para celebrar a xornada "Mar e Ferro" organizada polo Centro de Promoción Social de San Valentín e Son Radiofusión (Radio Fene). Con esta xornada tratouse de reivindicar a construcción naval e carga de traballo urxente para os estaleiros da ría de Ferrol que revitalice a economía desta zona tan castigada e ó mesmo tempo celebrar tamén os 30 anos da emisora municipal Radio Fene.
Os artistas adicáronse a plasmar nos seus murais a súa visión do mundo do mar, os barcos e a construcción naval.
Tamén se realizou unha exposición de debuxos sobre o mesmo tema realizados en todos os colexios do concello, actuacións musicais e xuntanza de poetas e xentes da literatura.

Pódese ver o album da reportaxe fotográfica que fixen de este evento na miña galería de Facebook picando aquí.





Ningún comentario: