Nosa Fervenza




Auga,
que molla a vida que vive da auga,
do aire e da luz.
Que chova e que trone,
e que os soños das fadas nas nubes
non deixen que borre o desexo do Sol.

Auga,
que cambia os camiños do home,
da herba e da flor que se molla.
Quente,
que baña os corpos espidos
das musas etéreas nas termas do amor.

Auga,
que beben das fontes da terra
os sedentos de vida.
Que esculpe nas pedras figuras
pulindo os cantos,
furando nos ocos,
deixando o recordo do tempo,
mollando as gorxas que cantan:

Que chova e que chova...
que xa volverá a raer.


©Xan Xe Corral Paz, 2008

(Pido desculpas ós que xa o leerades no blog do Grupo por repetir o poema e por suprimirlle a primeira estrofa, pero para esta entrada gustoume máis así).


Cámara Olympue E-400, ISO 100, distancia focal 42 mm. (eq. 84 mm), f/8 - 1/15 sg., filtro polarizador e trípode.

3 comentarios:

Nelson dixo...

Seguro que esta está del gusto de Botella,,en cuanto al agua me refiero,,a mi también me gusta. Perta

Gelis López dixo...

Ainda que o repitas mil veces ha seguir sendo bonito.
Non te canses de escribir.
A foto tamén e linda.
Ó final a que fixeches en papel saíuche mellor de cor coma esperabas?

Xan Xe Corral Paz dixo...

Moitas gracias polos vosos comentarios.
Aínda non a levei, o final espero á próxima reunión para pedirvos uns consellos.