Hoxe quero chorar




Isto non é un poema nin unha bonita foto.



Hoxe quero chorar,
porque me peta e porque me sale... de dentro.
E xa chorei, e choro cando escribo e chorarei máis.
E quero dicilo aquí, a todos os que me visitades.

(Si non queres bágoas, por favor pasa a calquer outra entrada ou abandona o blog)

Hoxe os lentes que agachan os meus ollos non poden agachar as bágoas que salen deles.
Choro por mín, que o necesito.
Por tí, que estás ahí.
Porque estou triste, quero chorar.

Choro polos do avión de onte.

E choro, pola vida. E choro porque son felíz, polo que teño, que é meu...
e faime felíz.

E porque quero chorar.

Pola miña xente, os meus amigos, o meu mundo.

Por todos os que nunca coñecerei nin seredes nada na miña vida.

Por todos os que xa non estades aquí.

Porque hoxe necesitaba chorar, choro aquí e quero compartir as miñas bágoas con todos os que necesitedes chorar, polo que sexa, pola vida ou pola morte, polas inxusticias, polo amor, pola felicidade...

Porque chorar non é malo.


Agradezo que non fagas comentarios nesta entrada.

Si queres compartir en silencio as túas bágoas conmigo envíame un correo a xanxenfotos@gmail.com con asunto "B". Ti decides si queres comentarme algo.



Ningún comentario: