Pintando desexos
Retratos de Antroido
Sementes dos ventos
Cicloxénese Explosiva
"Durante a noite do 23 ao 24 de xaneiro do 2009 Galicia viuse afectada por un fenómeno coñecido como cicloxénese explosiva, que se formou no atlántico o xoves 22 pola tarde. Esta cicloxénese orixinouse polo choque entre unha masa de aire quente tropical con outra moi fría. O encontro deu lugar a unha borrasca profunda con ventos moi intensos que cruzou o norte da Península o longo da madrugada do sábado 24 de xaneiro."
E aínda encima fixo un vento de carallo.
Magalofes
Caricias eternas
A os pés do xigante que chisca os ollos,
o son do silencio que brúa por dentro.
Caricias eternas,
o soplo do vento.
Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 40 mm (eq. 80 mm), f/8 - 15 sg., filtro polarizador e trípode.
Brrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr
Outono nun piñeiral das Armadas, Maniños.
Samaín

Aínda hoxe, igual que cando eu era un neno,
cando nais e avoas andan a arranxar flores para levar ós cemiterios,
pais ou avós traen para a casa a máis fermosa cabaza que dou a leira
para que os nenos a baleiren e lle acendan a vela,
ou alomenos que a miren e que rían con ela.
Por sorte hoxe xa todos os nenos poden gozar da súa cabaza.
Xa as podemos mercar nos comercios
e ata poñer o disfraz de jalogüin para celebralo.
Tamén nos quedan as castañas e poder quentar o corpo cunha boa queimada.
Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 22 mm (eq. 44 mm), f/8 - 1,6 sg, trípode
Outono no parque
Paisaxe na praia

Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 17 mm (eq. 34 mm.), f/8 - 1/80 sg., filtro polarizador e trípode.
Chega o outono
Tocando o ceo
Buscando a luz
Chíos de anduriña.


Levaba tempo con ganas de fotografíar unha anduriña.
Voando son moito máis rápidas que mín e non as dou pillado, pero onte, paseando polas rúas de Neda, os meus colegas do Grupo Bazán de Fotografía atoparon este niño, e non me poiden aguantar as ganas de ensinárvolas.
Sintoo moito si lle roubei a idea a alguén, pero estas son as miñas para compartir con todos.
Cámara Olympus E-400, ISO 100, obxetivo 40-150 mm (eq. 80-300 mm), Flash Metz Mecablitz 48-AF1
Hoxe quero chorar

Isto non é un poema nin unha bonita foto.
Hoxe quero chorar,
porque me peta e porque me sale... de dentro.
E xa chorei, e choro cando escribo e chorarei máis.
E quero dicilo aquí, a todos os que me visitades.
(Si non queres bágoas, por favor pasa a calquer outra entrada ou abandona o blog)
Hoxe os lentes que agachan os meus ollos non poden agachar as bágoas que salen deles.
Choro por mín, que o necesito.
Por tí, que estás ahí.
Porque estou triste, quero chorar.
Choro polos do avión de onte.
E choro, pola vida. E choro porque son felíz, polo que teño, que é meu...
e faime felíz.
E porque quero chorar.
Pola miña xente, os meus amigos, o meu mundo.
Por todos os que nunca coñecerei nin seredes nada na miña vida.
Por todos os que xa non estades aquí.
Porque hoxe necesitaba chorar, choro aquí e quero compartir as miñas bágoas con todos os que necesitedes chorar, polo que sexa, pola vida ou pola morte, polas inxusticias, polo amor, pola felicidade...
Porque chorar non é malo.
Agradezo que non fagas comentarios nesta entrada.
Si queres compartir en silencio as túas bágoas conmigo envíame un correo a xanxenfotos@gmail.com con asunto "B". Ti decides si queres comentarme algo.
Un anaquiño de ceo que non é nada

... e un poema para compartir:
Aproveitando o tempo que temos para vivir.
Aproveitando o tempo que temos para medrar.
Aproveitando o tempo que temos para soñar,
para crear, para loitar e para facer.
Facer da vida un soño para medrar creando vida, e para medrar soñando.
Soñar contigo, vivindo, …
Aproveitando o tempo.
© Xan Xe Corral Paz, 2008
Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 73 mm (eq. 146 mm.), f/6,3 - 1/200 sg.
Raquel
Voa

Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 150 mm (eq. 300 mm), f/8 - 1/1000 sg., filtro polarizador.
Nosa Fervenza

Auga,
que molla a vida que vive da auga,
do aire e da luz.
Que chova e que trone,
e que os soños das fadas nas nubes
non deixen que borre o desexo do Sol.
Auga,
que cambia os camiños do home,
da herba e da flor que se molla.
Quente,
que baña os corpos espidos
das musas etéreas nas termas do amor.
Auga,
que beben das fontes da terra
os sedentos de vida.
Que esculpe nas pedras figuras
pulindo os cantos,
furando nos ocos,
deixando o recordo do tempo,
mollando as gorxas que cantan:
Que chova e que chova...
que xa volverá a raer.
©Xan Xe Corral Paz, 2008
(Pido desculpas ós que xa o leerades no blog do Grupo por repetir o poema e por suprimirlle a primeira estrofa, pero para esta entrada gustoume máis así).
Cámara Olympue E-400, ISO 100, distancia focal 42 mm. (eq. 84 mm), f/8 - 1/15 sg., filtro polarizador e trípode.
Complementarias

Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 42mm. (eq. 84mm.), f/5,6 - 1/40 sg., filtro polarizador, flash e trípode.
Etiquetas:
auga,
Flora,
natureza,
O xardín de Chelo
Luz natural
Século vinteún, seguimos adiante.
Con nos ven a terra,
progreso, estudo.
Xa temos semillas, xa chegan os froitos.
Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 90 mm (eq. 180 mm.), f/5.6 - 1/80 sg., filtro polarizador e trípode.
Feros tigres en Ferrolterra
Hai uns rapaces na miña terra que se fan chamar "Los Tigres del Cañotas", creo que é porque todos beberon das fontes que hai perto do río que lles da o nome (agora chámanlle río Cádavo), o de tigres non entendo ben porque é.


...o outro día estiveron tocando na praza do pobo
...a súa música é puro e bo rocanrol,
pásano ben facendo carallada

as suas letras...
...sentimentos
...ou pode ser unha obsesión?
Rapazas: non vos poñades moi cerca do escenario.


...o outro día estiveron tocando na praza do pobo
...a súa música é puro e bo rocanrol,
pásano ben facendo carallada

as suas letras...
...sentimentos
...ou pode ser unha obsesión?
Rapazas: non vos poñades moi cerca do escenario.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





































