Rúa da fantasía

Onde nos levan os contos dos vellos
que voltan á casa co cheiro da auga
dos mares amigos.
As donas da rúa escoitan e agardan
que pasen os días.
Os nenos agachan os soños,
as rúas tranquilas.


Cámara Olympus E-400, Ollo de peixe, trípode

Muíños de Somede

Centos de historias agachadas polo tempo,
auga que deu de comer a fillos e netos que esquecen.
...
Traballos pasados.
O verde protexe o presente.

- Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 30mm (eq. 60mm), f/8 - 1 seg. Filtro polarizador e trípode.

Luz de Lúa. Illas Gabeiras


A última lúa chea de 2007 iluminaba así ás illas Gabeiras na costa ferrolana.

-Cámara Olympus E-400. ISO 200, distancia focal 18 mm (eq. 36 mm) f/3.9 - 77 seg. Trípode.



Praia das Furnas


Nesta curiosa "praia de fina area" ó pé dos acantilados de Loiba, na comarca de Ortegal, tamén pode verse un curioso sistema, hoxe en día motorizado, para subir as barcas ós seus refuxios.
-Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 14mm (eq. 28mm) f/8 - 1/80 seg. Filtro polarizador e trípode.

Concello de Ferrol

-Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 30mm (eq. 60mm) f/8 - 1/200 seg. Filtro polarizador.

Lobadiz nocturna



Increíbles paisaxes costeiras entre as praias de Doniños e San Xurxo, Ferrol.
-Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 21mm (eq. 42 mm) f/4.3- 205 seg.