AS QUE FORON CANDIDATAS (13)



"A fraga queimada". Seleccionada finalista.




"Paisaxe dunha cadeira espida". Seleccionada finalista.





"Feridas mortais".

Estas foron as tres obras que presentei este ano ó "XXII Certame Fotográfico sobre Medio Ambiente 2012" do Ateneo Ferrolán, das que dúas foron seleccionadas como finalistas entre máis de 200 presentadas a concurso por fotógrafos de toda España. 
As 50 obras seleccionadas participan na exposición que se inaugurou hoxe, día do Medio Ambiente, na sala de exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol, no peirao de Curuxeiras,  e que permanecerá aberta de 18 a 21 horas durante todo este mes de xuño. Tamén formarán parte do catálogo do certame e da exposición itinerante que participará no Outono Fotográfico de Ourense.