PRODUCIÓN EFÍMERA



"Produción Efímera" é un proxecto expositivo organizado por Fotoforum Lumen no que teño a honra de participar con unha das miñas fotografías. A exposición está formada por 66 obras de outros tantos fotógrafos. 
A escultura que representa esta imaxe forma parte do escaparate na entrada do local da exposición e esta é a súa lenda:

Produción Efímera. 
Galería anónima e flotante de venta de fotografía
Dende a tarde do 3, ata a noite do 5
Rúa da Igrexa, 14 baixo (Ferrol)

Produción Efímera é un proxecto do Fotoforum Lumen que ten como finalidade poñer á venta obras de fotógrafos consagrados con outras daqueles que non o son tanto. Quixemos engadirlle algo de misterio, azar e gusto persoal, de tal maneira que o posible comprador non vai saber, ata despois da compra, de quen é a autoría da fotografía.

Todalas fotografías serán colgadas no baixo co mesmo tipo de marco, igual tamaño e en igualdade de condicións: é máis, terán todas o mesmo prezo, independentemente do autor.

O espazo baleiro estará en permanente construcción, enchendoo de sentido. 
O día 5 terá lugar pola tarde noite, unha pequena clausura.