Fotográfica-mente non estivo mal de todo este verán, xa que despois da foto do Ateneo Ferrolán da entrada anterior, algún outro traballo tivo un recoñecemento público, o cal me enche de ledicia.
“Lobadíz e Illas Gabeiras” e “Praza de Armas” estiveron entre as vinte finalistas do Spinnaker 2009 colgadas no peirao de Curuxeiras. Onde se trataba de representar o patrimonio turístico de Ferrolterra. (Parabéns tamén para Gelis, Fris, e por suposto a Bonistar por ese premio).
“Tira!!” foi galardoada co 3º premio do “II Certame de fotografía da Festa do Cabalo” convocado pola Asociación Veciñal de Magalofes e Radiofusión.
… moi rico todo.
Tamén son de agradecer os múltiples parabéns por parte de varios membros da redacción e fotógrafos de La Voz de Galicia por unha reportaxe sobre un dramático accidente vivido nunha estrada que pasa por Maniños, e que foron primeira páxina e reportaxes interiores nas edicións dos días 29 e 30 de xullo de 2009.