O Cristo dos Castros. Fotografías para ver na radio.


 Retrato de Xesús Rodríguez Novo, intérprete do papel de Cristo, o rexente de O Santiagués, un local histórico no barrio dos Castros no serial radiofónico "Os incurábeis" baseado na novela do mesmo nome do escritor Antonio Tizón e no que colaboro facendo as fotografías para ver na radio. 

Aquí tedes o enlace ao audio do primeiro capítulo de este "podcast" que podedes seguir en www.radiofusion.eu

A que vai a caer...


 Punta Penencia, Doniños. 

Simbiose cúbica.


Terra comendo plástico.

Arte fluvial


 Unha paisaxe das Fragas do Eume en branco e negro.


A maxia da fotografía


 Esa maxia que nos permite sentir cousas que están aquí, que non son mentiras.

Doniños. A Coruña

Ás veces...


 Praia de Río Sandeu, Fene. A Coruña.

Río Baxoi


Mansiño chega o río Baxoi á súa desembocadura na praia de Miño, onde mestura a súa auga coa da ría de Betanzos.

Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Solpores tormentosos


Tiña o presentemento de que hoxe as nubes do solpor agasallaríanme con algunha fotografía interesante. Creo que acertei.

De alí a pouco tiven que escapar para abrigarme no coche.

Un día de setembro na Praia de Doniños, Ferrol. A Coruña.  

Simplemente


 Simplemente un ramalliño na praia de Perbes. A Coruña.


Últimos baños.


 Praia de Chanteiro, Ares.

Lume do sol na ría


 Gostaríame pensar que o lume que se vexa na ría de Ferrol sexa sempre o que nos fai imaxinar o noso sol nalgúns momentos efímeros dos paseos ao carón do mar. 

Gostaríame que ninguén vira nunca lume na ría.

Fotografía dende o peirao de Barallobre con un pescador no peirao de Maniños. No fondo á esquerda os depósitos e intalacións de unha pranta de gas... á dereita Ferrol.