SON DO MAR



Achegarse á praia de Meirás,
o sol que arreda as nubes do inverno,
a auga que bate nas pedras
sentir sensacións de había xa un tempo.

PASARÁN MÁIS DE MIL ANOS...



...branca area de ribeira
nunha praia de Maniños.


UNHA NOVA ETAPA



Aquel neno de Perlío decidira dar un paso máis, decidira que a súa vida ía cambiar dende aquel día, sabía que sería duro, que sufrirían moito el e os seus pais, posiblemente tamén os avós... 
Alguén pensou que volvería, pero xa era tarde.
A decisión estaba tomada.