Hai uns rapaces na miña terra que se fan chamar "Los Tigres del Cañotas", creo que é porque todos beberon das fontes que hai perto do río que lles da o nome (agora chámanlle río Cádavo), o de tigres non entendo ben porque é.
Coa chegada do estío, as nosas costas enchense de cor, praias ateigadas das cores de moda, das cores da xente, das cores dos coches, as toallas, os parasois, os papaventos...
pero aínda nos quedan as praias do sur, onde o solpor se enche da cor natural, de verdes, azuis, amarelos... que tinguen quilómetros de costa pola que pasear, ollando as gaivotas,
sentindo as correntes que moven a area, que traen as mensaxes de naufragos tolos que ninguén lee.