Voltamos!

A celebración do Racing polas rúas de Ferrol nun póster.
Ferrol, 28 de maio de 2023

Noite de celebración


O Racing de Ferrol sube a segunda división de fútbol.
Ferrol, 27 de maio de 2023.

Tardes para decorar soños


Campelo, Valdoviño, unha tarde calquera.

O canto da Terra


 "A terra feita cerámica canta,

as meigas e as árbores cantan,

cántanlle á terra dos homes e das mulleres,

canta a terra,

cantan as meigas, as meigas sabias, sabias e boas."


Escoitei que a terra cantaba onte en Fene, cantou acompañando as fermosas voces do 

TradiCoro de Airiños de Fene na exposición que Carme Romero inaugurou na Casa da

Cultura - Museo do Humor Xaquín Marín e que se pode visitar ata o 22 de xuño de 10:00 a

 13:00 e de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 13:00.

Meigas sabias e mulleres boas, non a perdas.