POR UNS PREZOS XUSTOS
Perlío a 23 de marzo de 2022
Transportistas, taxistas, repartidores, furgonetas, camións, bucinas, pitos... e carraxe.
Paso por Perlío dos manifestantes que reclaman poder traballar, poder vivir.
A miña solidaridade con todos eles.
POR UNS PREZOS XUSTOS.
Gas
Ría de Ferrol, marzo 2022.
Hai tempo que veño fotografando entre as paisaxes da nosa ría as instalacións de unha pranta regasificadora que a alguén ocorréuselle un día que sería unha boa idea poñer á carón da cidade e das vilas e pobos de ferrolterra. Lóxicamenta son fotografías nas que non busco amosar a beleza natural do noso mar e o seu entorno.
Creo que ata agora esta é a imaxe que mellor representa o que andaba a buscar cada vez que apuntaba co obxectivo cara a estos vultos de formigón. É unha fotografía que me inspira, ou mellor dito, que me fai sentir, que me fai lembrar.
Lembrar aquelo que falabamos a rapazada nos tempos da escola cando se dicía que os rusos tiñan misiles que apuntaban directamente a Ferrol por ser un punto estratéxico, pero non había problema: os americanos apuntáballes a eles.
E sentir, sentir sinto carraxe.
Será a culpa do que está pasando...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)