Rúa Alcacer, da serie: Recunchos de Pontedeume
POLAROID. O TORREÓN DOS ANDRADE
O Torreón dos Andrade, da serie: Recunchos de Pontedeume
Pois seguimos xogando coa Polaroid...
Ademais da serie adicada a Fene, o meu concello, tamén quero adicarlle unha pequena serie con este tipo de fotografía á vila onde miña nai me trouxo a este mundo: Pontedeume.
Etiquetas:
arquitectura,
artística,
Polaroid,
urbanas
POLAROID II. Ó CAMIÑANTE DESCOÑECIDO
Ó camiñante descoñecido, da serie: Paseo por Fene
Monumento situado en Barallobre, Fene, ideado por D. Alfonso Piñón e que foi inaugurado o 1 de xullo de 1934 por D. Ramón Otero Pedraio e D. Ramón Vilar Ponte, entre outras personalidades da época.
Foi o primeiro monumento do mundo adicado ó camiñante e conta con varios bancos na memoria de galegos ilustres e unha biblioteca ó aire libre.
Inicialmente foi construído ó carón da estación do ferrocarril e reubicado á beira da estrada da Palma no ano 1984, cando se lle engadiron tres novos bancos adicados a Castelao, Vilar Ponte e ó meu veciño Xosé María Pérez Parallé.
Para Piñón: "O camiñante descoñecído é o traballador que pasa e é a muller que traballa a terra buscando o benestar da súa familia; e é o ledo excursionista; e é a muller que pasa aloumiñando a lonxanía, agardando a volta do home emigrado; e é o neno que vai tódolos días á escola, e é a parella namorada que pasea a súa felicidade polo mundo. O camiñante
descoñecido é o home que viaxa na procura de aventuras, e é o vagabundo, que non busca nada, porque xa encontrou todo; e é o pobre que vai de porta en porta; o é o defunto que pasa a carón noso fácendo a súa última viaxe; e é o río que camiña eternamente ata o mar".
Etiquetas:
arquitectura,
artística,
Polaroid,
urbanas
AS QUE FORON CANDIDATAS (14)
Un ano máis presentei tres obras ó certame fotográfico de máis prestixio dos que se celebran na bisbarra de Ferrol e decano no estado español, o "XXIII Certame Fotográfico sobre Medio Ambiente 2013" organizado polo Ateneo Ferrolán.
Como todos os anos, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente inaugurouse onte 5 de xuño nas remozadas instalacións do Ateneo a exposición das 50 obras finalistas que tamén participarán no Outono Fotográfico e na que teño a honra de participar coa fotografía "Resaca" que xa apareceu publicada neste blogue.
Estas foron as fotos cas que participei:
"Resaca". Seleccionada finalista.
"Novos brotes nas fragas"
"Cemento"
ESTREANDO UNHA CÁMARA POLAROID
Sector naval, da serie: Paseo por Fene
Esta é a primeira fotografía que fago cunha cámara Polaroid, é unha Close-up 636 que me regalou un bo amigo ao que estou moi agradecido e coa que estou moi ilusionado. Con ela quero empezar facendo unha serie adicada a Fene, o concello onde me tocou vivir. A ver que sale...
Tamén quero agradecerlle a Angel Sotelo da galería Photo Art de Ourense que me suministrara os meus primeiros cartuchos de película para empezar a xogar á fotografía analóxica instantánea.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)