O POTE DE MANIÑOS



O pote é un símbolo en Maniños.
E O Pote de Maniños é a romería laica máis antiga das que se celebran en Galicia, no concello de Fene, e o vindeiro domingo xa serán 84 edicións de esta festa que se celebra o último domingo de cada agosto para reunir os romeiros a xantar, merendar e pasalo ben nas inmediacións do campo da festa. 
O programa de este ano empeza ás 12:30 coa actuación das Escolas de Canto, Baile e Gaitas de Airiños de Fene, as cantareiras Xerfa e o grupo de baile Cambadela, ás 14:00 horas pregón e despóis xantar popular con mexilóns e churrasco. Ás 18:30 actuarán Airiños de Fene, ás 19:30 Tiruleque e ás 21:30 A Banda de Balbina. Durante toda a tarde as merendas estarán amenizadas por Os Feroces da Galgeira e pola noite unha verbena co grupo De Luxe.
Estades todos convidados.
Lume!!!.

HOMENAXE A ANGEL NIETO



Non fumos moitos, non sei si é que esta vez as redes sociais non funcionaron ben, pero algúns estivemos alí. 
Alguén dixo que tiñamos que nos xuntar nas prazas maiores das cidades e alí fumos... 
coas nosas motos... 

Grazas "Maestro"!!!.