Chíos de anduriña.







Levaba tempo con ganas de fotografíar unha anduriña.
Voando son moito máis rápidas que mín e non as dou pillado, pero onte, paseando polas rúas de Neda, os meus colegas do Grupo Bazán de Fotografía atoparon este niño, e non me poiden aguantar as ganas de ensinárvolas.
Sintoo moito si lle roubei a idea a alguén, pero estas son as miñas para compartir con todos.


Cámara Olympus E-400, ISO 100, obxetivo 40-150 mm (eq. 80-300 mm), Flash Metz Mecablitz 48-AF1

Hoxe quero chorar




Isto non é un poema nin unha bonita foto.



Hoxe quero chorar,
porque me peta e porque me sale... de dentro.
E xa chorei, e choro cando escribo e chorarei máis.
E quero dicilo aquí, a todos os que me visitades.

(Si non queres bágoas, por favor pasa a calquer outra entrada ou abandona o blog)

Hoxe os lentes que agachan os meus ollos non poden agachar as bágoas que salen deles.
Choro por mín, que o necesito.
Por tí, que estás ahí.
Porque estou triste, quero chorar.

Choro polos do avión de onte.

E choro, pola vida. E choro porque son felíz, polo que teño, que é meu...
e faime felíz.

E porque quero chorar.

Pola miña xente, os meus amigos, o meu mundo.

Por todos os que nunca coñecerei nin seredes nada na miña vida.

Por todos os que xa non estades aquí.

Porque hoxe necesitaba chorar, choro aquí e quero compartir as miñas bágoas con todos os que necesitedes chorar, polo que sexa, pola vida ou pola morte, polas inxusticias, polo amor, pola felicidade...

Porque chorar non é malo.


Agradezo que non fagas comentarios nesta entrada.

Si queres compartir en silencio as túas bágoas conmigo envíame un correo a xanxenfotos@gmail.com con asunto "B". Ti decides si queres comentarme algo.



Un anaquiño de ceo que non é nada



... e un poema para compartir:
Aproveitando o tempo que temos para vivir.
Aproveitando o tempo que temos para medrar.
Aproveitando o tempo que temos para soñar,
para crear, para loitar e para facer.

Facer da vida un soño para medrar creando vida, e para medrar soñando.

Soñar contigo, vivindo, …

Aproveitando o tempo.

© Xan Xe Corral Paz, 2008
Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 73 mm (eq. 146 mm.), f/6,3 - 1/200 sg.

Raquel



Raquel,
encántame cando sales a recibirme,

movendo a túa coliña,
brincando de alegría...

(Para Fernando e Sonia, polo cariño e tempo que adican os seus bichiños e por ser os meus modelos máis voluntariosos.)

Cámara Olympus E-400, ISO 400, distancia focal 14 mm (eq. 28 mm), f/5,6 a 1/2000 sg.

Voa







Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 150 mm (eq. 300 mm), f/8 - 1/1000 sg., filtro polarizador.

Nosa Fervenza




Auga,
que molla a vida que vive da auga,
do aire e da luz.
Que chova e que trone,
e que os soños das fadas nas nubes
non deixen que borre o desexo do Sol.

Auga,
que cambia os camiños do home,
da herba e da flor que se molla.
Quente,
que baña os corpos espidos
das musas etéreas nas termas do amor.

Auga,
que beben das fontes da terra
os sedentos de vida.
Que esculpe nas pedras figuras
pulindo os cantos,
furando nos ocos,
deixando o recordo do tempo,
mollando as gorxas que cantan:

Que chova e que chova...
que xa volverá a raer.


©Xan Xe Corral Paz, 2008

(Pido desculpas ós que xa o leerades no blog do Grupo por repetir o poema e por suprimirlle a primeira estrofa, pero para esta entrada gustoume máis así).


Cámara Olympue E-400, ISO 100, distancia focal 42 mm. (eq. 84 mm), f/8 - 1/15 sg., filtro polarizador e trípode.