LUME NUNCA MÁIS!!!. OUTRA VEZ...



Queimades o monte
con man asasina,
gañades desprezo
queimando a vida.
                          
                                        Xan Xe


"Versos de auga contra os lumes"

Estos versos foron escritos con auga sobre unha lousa e gravados en video por Xacobe Meléndrez Fassbender no "IV Enarborar o bosque" (Contra o lume nos nosos montes) o día 7 de xuño de 2014 no pavillón de Pedrafigueira en Carnota.

A fotografía que volve a esta bitácora é "A fraga queimada" que fora finalista no "XXII Certame fotográfico sobre Medio Ambiente 2012" do Ateneo Ferrolán.