A MARUXAINA


San Cibrao, Concello de Cervo, Lugo.

"Conta a lenda da Maruxaina que dende tempos inmemoriais vive esta serea ou nereida nas illas dos Farillós, alí onde o mar Cantábrico verte a súa forza sobre as rochas rexas e desafiantes do seu poder. Esta ninfa mariña áchase fiando no cume da illa da Sombriza, vixiando mar e mariñeiros no seu devir diario, aínda que se discute sobre as súas intencións, sendo este motivo de agrias polémicas entre os mareantes do pobo, posto que mentres uns pensan que os avisa do temporal, outros aseguran que canta para seducilos e facelos embarrancar. Nesta disquisición os diferentes bandos empregan diversas características para tratar de impoñer a súa versión. Así, para os defensores da súa bondade, esta é unha serea con cara de vella, sabia e intelixente coma ningunha outra e disposta sempre a salvar ós mariñeiros das poutas do mar embravecido.
Para os seus detractores máis recalcitrantes, entre eles as máis das mulleres do pobo, a Maruxaina é unha rapaza nova, de loiros e longos cabelos, dotada dunha beleza singular e dunha voz prodixiosa, máxica e engaiolante, que emprega para, nunha pérfida acción, atrae ós mariñeiros ó seu lar submarino e poder alí gozar da súa compaña. Esta mortífera artimaña é froito da envexa que a serea ten da felicidade das mulleres dos mariñeiros, quenes os teñen ó seu carón todo o duro inverno, desfrutando da súa atención."
                                                                                                   (Texto extraído da web oficial da Maruxaina)

OS VELLOS ROQUEIROS NUNCA MORREN


Miguel Ríos e outros vellos roqueiros fixéronnos lembrar a boa música que se facía nos anos oitenta no concerto que nos ofreceron onte con motivo das festas de Ferrol.

SENDEIRISMO POLAS FRAGAS DO EUME


e disfrutar das distintas paisaxes que nos ofrecen en boa compaña, aínda que nos castiguen un pouco as pernas... non ten prezo.

23 DE XUÑO, GALICIA


Tradición en perigo de extinción.

VERÁN


sustantivo masculino

Estación máis calorosa do ano, que segue á primavera e precede ao outono e que, no hemisferio norte, vai desde o vinte e un ou vinte e dous de xuño ata o vinte e dous ou vinte e tres de setembro.

Dise tamén do momento do ano no que Galicia énchese de festas, romerías e festivais onde non falta a música, o baile e a carallada.


O BARQUIÑO


Algo tiña que aprender pasando toda a miña vida con un estaleiro diante da casa...


BEBÉ!!!


Moitos parabéns papis!!!


REBECA, LUÍS E...


Xa falta moi pouquiño...


UN PASEO POR FENE

O último proxecto no que estou a traballar é unha serie coa que quero amosar  un percorrido por distintos lugares de Fene desde outras dioptrías.