Arte nas mans
Arte nas mans dos ceramistas, escultores, artistas. Materia que colle vida no muíño do Pombal.
Retrato de Francisco Pérez Porto
Público: obras de Carme Romero Díaz
Xogar co tempo
Dín que non se pode, pero pódese. Pódese coa fotografía xogar a detelo, de feito é o seu ser.
Ás veces podemos movelo, converter dous instantes distintos, dous momentos de tempo distantes ou cercanos nun só que nos evoque outro momento distinto, outro tempo.
"Xogar co tempo". Fotografía de dobre exposición.
Tempo de xogos ao pé da nosa fervenza, a miña fervenza do río Belelle.
Etiquetas:
artística,
artísticas,
auga,
dobre exposición,
Fine Art,
Flora,
natureza,
paisaxe,
paseo por Fene
Fotografías para ver na radio. Novela negra
O escritor Antonio Tizón retratado na Taberna Casa Saqués, no barrio de Os Castros, un dos escenarios da súa novela "Os incurábeis".
A fotografía forma parte de un traballo que fai un percorrido por este barrio de A Coruña, polos seus bares, xentes, paisaxes... Locais emblemáticos na década dos oitenta ou o que queda de eles a día de hoxe. Lugares onde se desenrola a trama do serial radiofónico (podcast) "Os incurábeis" que se retrasmite nas ondas de Radio Fene no 107,7 da Fm ás 9:00 e ás 21:00 e tamén na radio á carta en www.radiofusion.gal
Etiquetas:
documental,
Fotografías para ver na radio,
reportaxe,
retrato
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)