E agasallándome con esta foto a grande artista Paula Carballeira.
Poucas fotos das que levo sacado fixéronme tanta ilusión coma esta, había moito tempo que tiña gana de reencontrarme con Paula e de pedirlle unha foto, non volvera a vela, non sendo nas imaxes das pantallas dos medios onde sempre nos agasalla con risa e o seu bo facer nos escenarios, desde os tempos dos inicios de Radio Fene, hai xa nonseicantos anos, onde ela colaboraba con un programa sobre letras e poesía e eu con "Catro ferros, un motor e dúas rodas" sobre motos e coches.
Atopeime con ela en Fene, na presentación do libro de Pitusa Arias e de Carlos Sardiña "María Casares. Eu son do océano."
Grazas Paula.!!!