1º PREMIO DO IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE NEDA, 2009




O lema do concurso de este ano era "Os nosos maiores" e tratábase de presentar retratos de persoas maiores residentes no Concello de Neda.
Despóis de pasear varios días por aquelas rúas e camiños buscando modelos para retratar só conseguín que posaran para mín seis persoas, que o fixeron con gusto, facilitándome os seus datos personais e a autorización para o uso da súa imaxe.
Alomenos outros tantos negáronmo, argumentando motivos do máis curioso: "Non, que a mín no concello coñécenme porque teño un litixio polo peche dunha finca..."; "A min non, que aínda os hai mais vellos que eu..."; "Non, que eu fun concejal e non me gusta sair nesas cousas ..." ¿...?
Imaxino que por motivos semellantes a concurrencia ó certame deste ano non foi moi elevada, confirmando a teoría que dí que os humanos somos reacios a que nos fotografíen, e moito máis si esa fotografía vai ser usada de xeito público.
Será a vergoña?...