PAISAXE GALEGA CON CASA



Nalgún lugar de Magalofes. Fene.


UN DESCANSO NA HORTIÑA




No parque da Hortiña en Limodre, Fene.


LUZ DO OUTONO




No parque a Blanco Amor en Magalofes, Fene.


LUME NUNCA MÁIS!!!. OUTRA VEZ...



Queimades o monte
con man asasina,
gañades desprezo
queimando a vida.
                          
                                        Xan Xe


"Versos de auga contra os lumes"

Estos versos foron escritos con auga sobre unha lousa e gravados en video por Xacobe Meléndrez Fassbender no "IV Enarborar o bosque" (Contra o lume nos nosos montes) o día 7 de xuño de 2014 no pavillón de Pedrafigueira en Carnota.

A fotografía que volve a esta bitácora é "A fraga queimada" que fora finalista no "XXII Certame fotográfico sobre Medio Ambiente 2012" do Ateneo Ferrolán.


PRAIA DE ALMIEIRAS



Da serie "Paisaxes dunha cadeira espida"

Paraxes na beira do mar,
na beira dun río,
atoparse só baixo as sombras,
no medio da néboa,
baixo a calor do sol ou o frío do vento.
Na natureza…
escoitando o seu silencio
e gozando dos seus sons.
Onde nunca estivemos xuntos
sento a soñar…

Xan Xe

O POTE DE MANIÑOS



O pote é un símbolo en Maniños.
E O Pote de Maniños é a romería laica máis antiga das que se celebran en Galicia, no concello de Fene, e o vindeiro domingo xa serán 84 edicións de esta festa que se celebra o último domingo de cada agosto para reunir os romeiros a xantar, merendar e pasalo ben nas inmediacións do campo da festa. 
O programa de este ano empeza ás 12:30 coa actuación das Escolas de Canto, Baile e Gaitas de Airiños de Fene, as cantareiras Xerfa e o grupo de baile Cambadela, ás 14:00 horas pregón e despóis xantar popular con mexilóns e churrasco. Ás 18:30 actuarán Airiños de Fene, ás 19:30 Tiruleque e ás 21:30 A Banda de Balbina. Durante toda a tarde as merendas estarán amenizadas por Os Feroces da Galgeira e pola noite unha verbena co grupo De Luxe.
Estades todos convidados.
Lume!!!.

HOMENAXE A ANGEL NIETO



Non fumos moitos, non sei si é que esta vez as redes sociais non funcionaron ben, pero algúns estivemos alí. 
Alguén dixo que tiñamos que nos xuntar nas prazas maiores das cidades e alí fumos... 
coas nosas motos... 

Grazas "Maestro"!!!.

TRIBUTO A ISABEL MUÑOZ



Cando a vin con esta luz o primeiro que me pasou pola cabeza foi a fotografía da serie "Danza cubana" da gran Isabel Muñoz e vinme na necesidade de coller a cámara...

VILANOVA, FENE



Abstracción arquitectónica.

CASA "MUSEO"



Curiosa "decoración" a de esta casa de Barallobre, Fene.

A BONDADE DA AUGA



Unha composición na que xogo coa escultura "A bondade da auga" do artista Diego Villamediana situada na vila de Ortigueira.

22 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA AUGA



Na nosa Fervenza do río Belelle.


TORRENTES DE MÁCARA



Río Ulla, Palas de Rei, Lugo.

CASTELO DE PAMBRE



Nas terras de Palas de Rei, Lugo.

MUGARDOS



Vila mariñeira, mirando ó mar.

AQUÍ VEÑEN OS DAS GAITAS



Outra da banda "Airiños de Fene".

INDIAS NO ANTROIDO



As "indias" do grupo "Paso a paso" animaron coas súas cores e os seus bailes os desfiles do Antroido de Ferrol, Pontedeume e Fene.

AIRIÑOS DE FENE



Abstracción da banda de gaitas "Airiños de Fene" nunha actuación polas terras de Culleredo aló polo ano 2008.