Amosando publicacións coa etiqueta artística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta artística. Amosar todas as publicacións

Lóstregos


Nunha noite de tronada sobre o estaleiro que non fai barcos.
Fene, setembro de 2023.

Cores de rúa


Centieiras, Perlío, inverno de 2023.

Voar


Garzota. Neda, febreiro 2023.

Asimetria


 Xubia, febreiro 2023.

Inverno


Perlío, febreiro 2023.

A Ribeiroa, Barallobre.


Fotografía da serie #RIOSDEFENE
Nesta colección fago unha recompilación dos ríos de lavar que aínda temos espallados polo territorio de Fene.

O camiño de andar e desandar.

Caranza, Ferrol.
Un camiño de paseo marítimo que forma parte do actual Camiño inglés a Compostela.

Gas

Ría de Ferrol, marzo 2022.
Hai tempo que veño fotografando entre as paisaxes da nosa ría as instalacións de unha pranta regasificadora que a alguén ocorréuselle un día que sería unha boa idea poñer á carón da cidade e das vilas e pobos de ferrolterra. Lóxicamenta son fotografías nas que non busco amosar a beleza natural do noso mar e o seu entorno.
Creo que ata agora esta é a imaxe que mellor representa o que andaba a buscar cada vez que apuntaba co obxectivo cara a estos vultos de formigón. É unha fotografía que me inspira, ou mellor dito, que me fai sentir, que me fai lembrar.
Lembrar aquelo que falabamos a rapazada nos tempos da escola cando se dicía  que os rusos tiñan misiles que apuntaban directamente a Ferrol por ser un punto estratéxico, pero non había problema: os americanos apuntáballes a eles.
E sentir, sentir sinto carraxe.
Será a culpa do que está pasando...

Con xe de Barallobre


 Un paseo entre peiraos.

Mar de Maniños


 Praia de Maniños, Fene.

Autorretrato de Xaquín Marín

Na presentación do libro "Que tempos!" na Casa da Cultura de Fene retratei este autorretrato do Xaquín Marín mentras asinaba o meu exemplar adicado. Grazas mestre!.

No aire

Fotografías para ver na radio.
#fotografiasparavernaradio 

Luces que inspiran lembranzas


"Paisaxes que semellan non ser,

lembranzas de un neno que fabrican as luces,

luces que fan que o que non era sexa. 

Luces que inspiran lembranzas."

Para min tamén é un orgullo e prodúceme moita satisfación saber que coa miña modesta obra despértanse emocións, sentimentos, lembranzas que nunca se queren esquecer. Grazas.

Fotografía: "Solpor do 21 ás 22.- 3" 

Impresión 100x57 cm. sobre panel Pegasus. Edición única + p.a.


Re-foto


Cristina García Rodero en Ferrol. "Terra de soños" arte documental.


A ría


Unha imaxe minimalista da ría de Ferrol. 
A ponte das Pías e as augas e terras dos concellos de Neda, Narón, Fene, Ferrol, Mugardos e ata o de Ares, na ría veciña, sintetizados en escala de grises.