ENTRE A TERRA E O CEO


Abstraccións en branco e negro.



           









AUDIOVISUAL #RIOSDEFENE



#RIOSDEFENE é un proxecto fotográfico no que intento abordar desde os puntos de vista documental, arquitectónico e da fotografía de autor a situación e o estado actual dos que no seu día foron as "redes sociais" da nosa cultura, os ríos de lavar (lavadoiros) que, ó igual que en moitos outros lugares da nosa Galiza, espalláronse durante os tres primeiros cuartos do século XX, principalmente nas décadas dos cincuenta e sesenta, alí por onde había un manantial, regato ou río que regase as terras do meu concello, Fene. O proxecto componse con 138 fotografías recollidas nun audiovisual de cinco minutos e nun libro con mapas de localización dos ríos e unha exposición cunha selección das fotografías.

Trátase dun paseo circular que recorre 7 das 8 parroquias fenesas: Fene, Sillobre, Magalofes, Barallobre, Maniños, Limodre e Perlío, xa que San Valentín foi urbanizada cando as lavadoras eléctricas empezaban a converterse no peor inimigo para estas emblematicas construccións durante os anos setenta. Neste paseo visito os "ríos" públicos ou privados a os que calquer camiñante pode acceder polos rueiros e camiños de este concello situado a o sur da Ría de Ferrol.

Con esta obra trato de poñer en valor a importancia etnográfica de estos "centros de lavado" construídos para que as mulleres tiveran a roupa da súa familia limpiña, lavar as tripas do porquiño despóis da matanza... Lugares sociais e de reunión que a os nenos nos servían como improvisados parques de xogos e esporádicas piscinas estivais de xélidas augas, centros de aprendizaxe para as nenas, que gastaban os últimos cachiños daquel xabrón moitas veces feito na casa, puntos de quedada da rapazada e que a tantas e tantas parellas acubillaron naquelas tardiñas dos seus comenzos amatorios.

Públicos, particulares de uso público, ruínas de pedra e cemento, reconstruccións actuais e fermosas simbiosis coa natureza, a auga e o entorno que aínda hoxe seguen a facer parte do seu bo labor á sociedade actual.

Unha mención especial merece Sillobre, que gracias á súa orografía soubo aproveitar os recursos económicos dos seus ríos creando unha rede de "lavandeiras", mulleres que se adicaban a recoller a roupa sucia dos "señoritos" de Ferrol para lavala e volverlla limpa para as súas casas, inundando de branco os prados, silveiras e campeiros das fincas onde se agochan o case centenar de lavadoiros particulares que aínda hoxe existen.

Nesta colección non están todos os que son, pero sí son todos os que están... Ben, algún xa non é nin está.

Xan Xe


"doce salgado" 2



"doce salgado" é unha serie en branco e negro que recolle formas e texturas da xuntanza entre o río e o mar na praia de Río Sandeo, en Fene.

"doce salgado"



"doce salgado" é unha serie en branco e negro que recolle formas e texturas da xuntanza entre o río e o mar na praia de Río Sandeo, en Fene.


CUN RAMO DE FLORES 2



Outra fotografía da serie "Cun ramo de flores".

Podes ver toda a serie no audiovisual co mesmo nome que estrea a miña canle de YouTube á que podes chegar seguindo este enlace.

#RIOSDEFENE 9, O RÍO DE FORA



O río de fora

#RIOSDEFENE

Está no Souto da Ribeira, en Maniños. 

Parece ser que este río foi construído case ó pé de outro que hai no Souto da Ribeira por problemas veciñais, pode ser que non se levaran moi ben entre eles...


#RIOSDEFENE 8



O rio de Emérita.

#RIOSDEFENE


Situado a o pé do campo da festa e adro da igrexa parroquial de Sillobre.



#RIOSDEFENE 7 SIMBIOSE



A Fonte, Limodre.

#RIOSDEFENE


Simbiose

< gr συμβίωσις ‘vida en común’

1.- s. f. BIOL./ECOL. Estado de interdependencia fisiolóxica equilibrada de dous ou máis organismos de diferentes especies, en que non se estimulan de xeito permanente mecanismos de reacción defensiva.
2.- s. f. SOCIOL. Relación que, en ecoloxía humana, sustenta a estrutura dun grupo humano, tanto no seu aspecto espacial como na división de traballo, e que inclúe vantaxes recíprocas entre os seus diversos compoñentes.

#RIOSDEFENE 6



Os Loureiros, Barallobre.

#RIOSDEFENE

Contan na Wikipedia que un día a señora Carmen a dos Couprins, usuaria de lavadoiros durante moitos anos, describiu a arte do lavado a mán:
        
    "Lavar ben a roupa era unha arte, ademais dun traballo delicado e laborioso. As lavandeiras seguían un protocolo rigoroso que comezaba por separar a roupa branca da de cor. A roupa metíase peza a peza no lavadoiro. Empapábase, enxaboábase e fregábanse as manchas difíciles. Despois de enxaboada, a roupa amoreábase no lavadoiro para que fose amolecendo. Peza por peza mergullábase na auga e zapateábase contra o lavadoiro para deixala limpa e aclarada.

Lavar a roupa branca era máis laborioso. Enxaboada e sen torcer, botábase ao clareo. Estendíase ao sol sobre o campo de herba e a luz eliminaba as manchas máis difíciles, recuperando a súa brancura. Aclarada e relucente, quedaba a tender nos toxos dos arredores"





#RIOSDEFENE 5



Cadavás, Magalofes

#RIOSDEFENE
Públicos, particulares de uso público, ruínas de pedra e cemento, reconstruccións actuais e fermosas simbiosis coa natureza, a auga e o entorno que aínda hoxe seguen a facer parte do seu bo labor á sociedade actual.

#RIOSDEFENE 4



Os Loureiros, Barallobre.

Con esta obra (#RIOSDEFENE) trato de poñer en valor a importancia etnográfica de estos "centros de lavado" construídos para que as mulleres tiveran a roupa da súa familia limpiña, lavar as tripas do porquiño despóis da matanza... Lugares sociais e de reunión que a os nenos nos servían como improvisados parques de xogos e esporádicas piscinas estivais de xélidas augas, centros de aprendizaxe para as nenas que gastaban os últimos cachiños daquel xabrón moitas veces feito na casa, puntos de quedada da rapazada e que a tantas e tantas parellas acubillaron naquelas tardiñas dos seus comenzos amatorios.


PROXECTO FOTOGRÁFICO #RIOSDEFENE




#RIOSDEFENE é un proxecto fotográfico no que intento abordar e poñer en valor desde os puntos de vista documental, arquitectónico e da fotografía de autor a situación e o estado actual dos que no seu día foron as "redes sociais" da nosa cultura, os rios de lavar (lavadoiros) que, ó igual que en moitos outros lugares da nosa Galiza, se espallaron durante os tres primeiros cuartos do século XX, principalmente nas décadas dos cincuenta e sesenta, alí onde había un manantial, regato ou río que regase as terras do meu concello: Fene.

Trátase dun paseo circular que recorre 7 das 8 parroquias fenesas: Fene, Sillobre, Magalofes, Barallobre, Maniños, Limodre e Perlío, xa que San Valentín foi urbanizada cando as lavadoras eléctricas empezaban a converterse no peor inimigo para estas emblemáticas construccións durante os anos setenta. Neste paseo visito os "rios" públicos ou privados a os que calquer camiñante pode acceder polos rueiros e camiños de este concello situado a o sur da Ría de Ferrol.

LUCES DE MEDIODÍA



Un frío domingo de inverno paseando polo interior do meu bosque atlántico.