Amosando publicacións coa etiqueta motos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta motos. Amosar todas as publicacións

Moitas motos


Fin de semana moteiro en Narón. 
Centos e centos de motos e moteir@s encheron un ano máis o paseo marítimo de Narón e as estradas e rúas de Ferrolterra para celebrar a concentración organizada polo moto club Fojeteiros, que xuntou a milleiros de persoas arredor destes aparellos de catro ferros un motor e dúas rodas... Ou tres.
Narón, xuño de 2023.

Bombeiros moteiros


Atopeime na praia de Caranza con este grupo de Bombeiros de Ferrol facendo prácticas de salvamento con motos de auga. Aquí penso que estaban desfrutando como moteiros, pero por desgraza non sempre é así. Grazas!.












 

HOMENAXE A ANGEL NIETO



Non fumos moitos, non sei si é que esta vez as redes sociais non funcionaron ben, pero algúns estivemos alí. 
Alguén dixo que tiñamos que nos xuntar nas prazas maiores das cidades e alí fumos... 
coas nosas motos... 

Grazas "Maestro"!!!.

MONTESA IMPALA



O pasado fin de semana celebrouse polas rúas de La Bañeza o "54 Gran Premio de Velocidad Ciudad de la Bañeza". Alá nos fumos un ano máis, xunto con miles de aficionados ó motociclismo a disfrutar das carreiras de motos clásicas e do excepcional ambiente moteiro.



VAN COMO MOTOS...




Carreiras de velocidade de motos clásicas o pasado día 19 de agosto no circuíto urbano de La Bañeza, León. 
Van como motos...