ADEUS SEÑOR DAS POMBAS

Hoxe deixounos Pachara, un mítico e carismático persoaxe das rúas de Ferrol.
Para mín, e para a miña obra, sempre será "O Señor das pombas"...
Pachara xa aparecera nesta bitácora o 7 de marzo do 2011 alimentando as pombas da praza de Armas e nalgunha outra fotografía camiñando polas rúas, posiblemente dirixíndose cara ó Cantón para "regular" os aparcamentos.
Tamén inspirou un gravado á augaforte e augatinta que fixen o ano pasado.

e neste pasado verán fixen outra versión de "O Señor das pombas" con este debuxo a técnica mixta.

D.E.P. José Manuel Sayar. "O Señor das pombas".
Etiquetas:
animais,
artística,
Bágoas,
fotos na rúa,
retrato
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)