UN PASEO POR FENE
O último proxecto no que estou a traballar é unha serie coa que quero amosar un percorrido por distintos lugares de Fene desde outras dioptrías.
Etiquetas:
artística,
miopía,
paseo por Fene
MUÍÑOS
Muíños no río Barosa en Barro, Pontevedra. Un fermoso lugar onde a natureza e a arquitectura popular conviven nun entorno único.
Etiquetas:
arquitectura,
auga,
natureza
PANORÁMICA DA PRAIA DE COVAS
Recién saída da impresora e montada sobre Dibond de 120x53 cm está esta panorámica que fixen fai uns anos na praia de Covas, Ferrol. Agora só falta colgala na parede do dormitorio a onde está destinada. A que pode quedar ben?
ARTE NA RÚA
Hoxe, sábado 15 de marzo de 2014, o barrio de San Valentín, en Fene, convertíuse nun estudio de pintura o aire libre onde se xuntaron máis de 30 artistas da comarca e de outros puntos de Galicia para celebrar a xornada "Mar e Ferro" organizada polo Centro de Promoción Social de San Valentín e Son Radiofusión (Radio Fene). Con esta xornada tratouse de reivindicar a construcción naval e carga de traballo urxente para os estaleiros da ría de Ferrol que revitalice a economía desta zona tan castigada e ó mesmo tempo celebrar tamén os 30 anos da emisora municipal Radio Fene.
Os artistas adicáronse a plasmar nos seus murais a súa visión do mundo do mar, os barcos e a construcción naval.
Tamén se realizou unha exposición de debuxos sobre o mesmo tema realizados en todos os colexios do concello, actuacións musicais e xuntanza de poetas e xentes da literatura.
Pódese ver o album da reportaxe fotográfica que fixen de este evento na miña galería de Facebook picando aquí.
SIGUE CHOVENDO
E parece que aínda non para de chover...
Supoño que o bo deste inverno que nos ten castigados con tantos días grises, tanta choiva, temporais e cicloxéneses é que a primavera chegará a Galicia cheíña de flores e de verdes que nos alegrarán o ano.
AQUELA ESCALEIRA NUN FRÍO DÍA DE OUTONO...
Frío,
as mans que se queren,
o silencio e o son das pegadas falan,
camiñando xuntos
a onde nunca fumos,
a onde nunca estivemos.
Aquel outono que non vimos chegar
agachou o camiño...
agachou a escaleira.
AGARDANDO SOLUCIÓNS
Solucións Xa!!!
Non nos quedamos uns mirando para os outros mentras que os incompetentes politicos que nos gobernan non fan nada para solucionar os problemas laborais que sufre a comarca de Ferrolterra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















.jpg)


































