PRAIA DE ALMIEIRAS

Da serie "Paisaxes dunha cadeira espida"
Paraxes na beira do mar,
na beira dun río,
atoparse só baixo as sombras,
no medio da néboa,
baixo a calor do sol ou o frío do vento.
Na natureza…
escoitando o seu silencio
e gozando dos seus sons.
Onde nunca estivemos xuntos
sento a soñar…
Xan Xe
Etiquetas:
artística,
paisaxe,
paisaxes dunha cadeira espida,
paseo por Fene
O POTE DE MANIÑOS

O pote é un símbolo en Maniños.
E O Pote de Maniños é a romería laica máis antiga das que se celebran en Galicia, no concello de Fene, e o vindeiro domingo xa serán 84 edicións de esta festa que se celebra o último domingo de cada agosto para reunir os romeiros a xantar, merendar e pasalo ben nas inmediacións do campo da festa.
O programa de este ano empeza ás 12:30 coa actuación das Escolas de Canto, Baile e Gaitas de Airiños de Fene, as cantareiras Xerfa e o grupo de baile Cambadela, ás 14:00 horas pregón e despóis xantar popular con mexilóns e churrasco. Ás 18:30 actuarán Airiños de Fene, ás 19:30 Tiruleque e ás 21:30 A Banda de Balbina. Durante toda a tarde as merendas estarán amenizadas por Os Feroces da Galgeira e pola noite unha verbena co grupo De Luxe.
Estades todos convidados.
Lume!!!.
HOMENAXE A ANGEL NIETO

Non fumos moitos, non sei si é que esta vez as redes sociais non funcionaron ben, pero algúns estivemos alí.
Alguén dixo que tiñamos que nos xuntar nas prazas maiores das cidades e alí fumos...
coas nosas motos...
Grazas "Maestro"!!!.
Etiquetas:
Bágoas,
eventos,
fotos na rúa,
motos,
reportaxe
TRIBUTO A ISABEL MUÑOZ

Cando a vin con esta luz o primeiro que me pasou pola cabeza foi a fotografía da serie "Danza cubana" da gran Isabel Muñoz e vinme na necesidade de coller a cámara...
A BONDADE DA AUGA
INDIAS NO ANTROIDO
AIRIÑOS DE FENE
NO XARDÍN DA CASA DA MALETA

E con este procesado envellecido remato esta serie adicada a esta peculiar casa de Barallobre.
Teño que agradecerlle ó amigo Jose que me permitira visitar e fotografar as súas dependencias e disfrutar de esta xoia da arquitectura indiana de principios do século XX.
(Neste enlace podes acceder a máis información sobre ela)
Etiquetas:
arquitectura,
paseo por Fene,
reportaxe
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











































