xanxenfotos
Fotografía de Xan Xe Corral Paz
Campións!!!
Moitas motos
O canto da Terra
"A terra feita cerámica canta,
as meigas e as árbores cantan,
cántanlle á terra dos homes e das mulleres,
canta a terra,
cantan as meigas, as meigas sabias, sabias e boas."
Escoitei que a terra cantaba onte en Fene, cantou acompañando as fermosas voces do
TradiCoro de Airiños de Fene na exposición que Carme Romero inaugurou na Casa da
Cultura - Museo do Humor Xaquín Marín e que se pode visitar ata o 22 de xuño de 10:00 a
13:00 e de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 13:00.
Meigas sabias e mulleres boas, non a perdas.
A "praza" do Tri, Cobas
Ás veces vexo caras
Cando sairon os primeiros raios de sol atopeina bañándose nas frías augas da praia de Sartaña.
Cobas, Ferrol.
Pareidolia.
Compromiso
"Comprometinme contigo a lembrar para sempre aquela tarde que pasamos na praia,
conmigo comprometinme a deter os momentos como unha arte de maxia."
Campelo, Valdoviño. Abril de 2023.
A Ribeiroa, Barallobre.
Depósito de ouro
A ver fotos
Pode ser o título para esta fotografía sacada na entrada á exposición Steven Meisel 1993 Un ano en fotografías.
Unha exposición de fotografía de moda que podemos ver ao pé do mar na cidade de A Coruña ata o día 1 de maio.