As cores do verán



Coa chegada do estío, as nosas costas enchense de cor, praias ateigadas das cores de moda, das cores da xente, das cores dos coches, as toallas, os parasois, os papaventos...





pero aínda nos quedan as praias do sur, onde o solpor se enche da cor natural, de verdes, azuis, amarelos...
que tinguen quilómetros de costa pola que pasear, ollando as gaivotas,



sentindo as correntes que moven a area,
que traen as mensaxes de naufragos tolos que ninguén lee.


4 comentarios:

Gelis López dixo...

Non podo ampliar as fotos de esta entrada para velas.

Xan Xe Corral Paz dixo...

Non sei o que pasou, igual é porque nin merecen ser vistas.

Gelis López dixo...

Todo merece ser visto, unha cousa é que che guste o que ves e outra que non.
Non me gusta ver que o medio esté contaminado, pero sen embargo gústame ver as túas fotos.
Tés fotos mellores sábelo. Éstas están dentro do tema denuncia e están ben encadradas nel.
Se algunha foto queda sen comentario non quere dicir que non sexa bonita. Cada un de nós ten os seus gustos, a min pódeme gustar moito unha foto e a outro a mesma nada, ¿iso que quere dicir?, que é boa ou non?
Ánimo

Gelis López dixo...

Por certo a da gaivota, a ver cando dou pillado eu unha así.