Aínda hoxe, igual que cando eu era un neno,
cando nais e avoas andan a arranxar flores para levar ós cemiterios,
pais ou avós traen para a casa a máis fermosa cabaza que dou a leira
para que os nenos a baleiren e lle acendan a vela,
ou alomenos que a miren e que rían con ela.
Por sorte hoxe xa todos os nenos poden gozar da súa cabaza.
Xa as podemos mercar nos comercios
e ata poñer o disfraz de jalogüin para celebralo.
Tamén nos quedan as castañas e poder quentar o corpo cunha boa queimada.
Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 22 mm (eq. 44 mm), f/8 - 1,6 sg, trípode
2 comentarios:
Me encanta esta foto, preciosa composicion con una iluminacion muy atractiva, felicidades
Como sempre, agradecido polos teus comentarios Fris.
Publicar un comentario