CACHALOTE EN LUME BOO





O pasado venres morreu nas costas de Doniños un exemplar de cachalote femia de 11 metros de longo e unhas 24 toneladas de peso. que quedou varado na cala de Lume Boo.
Según o que apuntan os técnicos da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) as causas da súa morte poden tratarse de unha enfermedade, a lonxevidade do animal ou a posible inxesta de algún aparello de pesca, xa que atoparon restos deixados por unha rede na súa mandíbula.
Agora a SGHN pretende que o cetáceo se traslade ás instalacións do Porto Exterior de Caneliñas e alí separar a súa carne, para o seu tratamento como residuo por unha empresa especializada, do esqueleto, que quedaría exposto nas novas instalacións do museo da Sociedade.
Como non podía ser de outra maneira, o problema xurde á hora de decidir quén se encargará de facer ese traslado "tan costoso" dende a praia de Lume Boo ata o porto exterior.
Será o Concello de Ferrol?, será a Autoridade Portuaria?, ou podería ser a Xunta de Galicia?...

Agardemos que o pobre animal non continúe o seu ciclo biolóxico nesta pequena cala e algún día o seu esqueleto poda ser admirado polos visitantes do museo da SGHN.


1 comentario:

Anónimo dixo...

me da mucha pena el bicho
felicidades, la foto es muy buena