AS FRAGAS DO EUME ESTÁN ARDENDO


Un día despois da publicación da entrada anterior coñezo a nova do que está pasando:

As Fragas do Eume están ardendo.

Non é xusto, non hai dereito…

Fáiseme un nó no peito…

Vexo as novas nos xornais dixitais, na televisión, na radio, os comentarios e os enlaces dos amigos na rede,  escoito pasar os hidroavións, vexo a cor do ceo… e fáiseme un nó no peito.

A miña reflexión lévame a unha conclusión e fai nacer en min un sentimento de odio. 

Haberá quen poida pensar de min que son unha mala persoa ou que estou tolo, pero non me importa. Eu, que nunca mal de min falo a ninguén, sei que son de boa xente… 

E pido xustiza, non sei a quen, pero pido xustiza.  E non a xustiza que cos cartos dos impostos que pagamos alimenta e da pensión completa con ximnasio e canal plus a violadores e asasinos. E vólvome radical co meu odio e o meu sentir, sen hipocrisía. E non admito a políticos, nin relixións, nin Asambleas Internacionais nin ostias que me digan que a vida de unha persoa está por enriba de todo.

Penso que hai xente que non merece vivir nin unha morte digna.






























1 comentario:

Chus dixo...

Perdoa, deixei o comentario na rentrada equivocada. volvocho a poñer eiqui.
Despois de contemplar tanta fermosura, non podo nin quero imaxinar o que me atoparei o día que vola a poñer un pe nas Nosas Fragas, doime o corazón so de pensalo, non poido mais que estar de acordo contigo.